Celso Bugallo faleceu en Pontevedra aos 78 anos. O actor nado en Sanxenxo en 1947 foi merecedor do Premio Goya en 2005 como actor de reparto, polo seu papel de irmán de Ramón Sampedro no oscarizado filme 'Mar adentro', de Alejandro Amenábar
Celso Bugallo faleceu en Pontevedra aos 78 anos. O actor, nado en Sanxenxo en 1947, foi merecedor do Premio Goya en 2005 como actor de reparto, polo seu papel de irmán de Ramón Sampedro no oscarizado filme Mar adentro, de Alejandro Amenábar.
Aínda que de pequeno quería ser futbolista xa na mocidade viu “Rebelde sen causa” e quixo ser actor. Descubriu entón, con 16 anos, a interpretación e o seu propio talento no teatro. Bugallo creceu entre Bilbao e Logroño, e nesta última cidade formou parte de Adefesio Teatro. Ademais fundou e dirixiu o grupo JUBY (Juventud Unida del Barrio de Yagüe), co que gañou en 1976 o Premio Nacional de Comedias de Teatro con El retablo del flautista, de Jordi Teixidor.
Non foi ata os 52 anos, vivindo en Ámstendam, cando recibiu unha chamada do director José Luis Cuerda para formar parte do elenco de 'A lingua das bolboretas'
En 1978 volveu a Galicia e instalouse en Pontevedra para desenvolver na súa terra a súa carreira. Mesmo chegou a crear unha academia de actores chamada Aula de Formación de Actores de Pontevedra (AFAP).
Non foi ata os 52 anos, vivindo en Ámstendam, cando recibiu unha chamada do director José Luis Cuerda para formar parte do elenco de A lingua das bolboretas. Comezaba así a súa traxectoria no cinema e televisión. Mareas Vivas, Terra de Miranda, Lena … para chegar en 2002 a Los lunes al sol, de Fernando León, un traballo polo que acadaría o Premio Mestre Mateo ao mellor actor secundario masculino. Bugallo participou tamén no filme O lapis do carpinteiro ,de Antón Reixa
En 2004 chegaría o seu gran papel, no filme Mar adentro, de Alejandro Amenábar. Aquí interpretaba ao irmán de Ramón Sampedro, un traballo recoñecido co Premio Goya ao mellor actor reparto.
Desde entón a súa face xa era moi familiar para o gran público e apareceu en diversas series ou en Fariña, onde facía de pai do narcotraficante Sito Miñanco. Celso Bugallo non parou de traballar en xa con 74 anos volveu poñerse ás ordes de Fernando León de Aranoa en El Buen patrón, co que tamén estibo nomeado aos Premios Goya.