Fred Martins e Ugia Pedreira, esta noite en Santiautor

Fred Martins e Ugia Pedreira Dominio Público Praza Pública

Este xoves 15 de marzo ás 22.30 h o dúo brasilego de Fred Martins e Ugia Pedreira interpretarán temas do seu álbum Acrobata na terceira data do certame SantiAutor2012. Este festival dedicado á música de autor chega este ano a sua terceira edición, sendo as dúas anteriores un éxito de asistencia e crítica

O concerto terá lugar no Pub Sónar de Santiago de Compostela. As entradas anticipadas (8€) xa están á venda na Reixa Tenda, Quiosco de Concheiros e no propio Sónar Pub.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.