Galegote: Rock en galego, moito e bo

Roger de Flor e o Marques das Vinhas, na edición 2013 do Galegote © Concello de Pontevedra

Quen dixo que non se fai bo rock en galego? Dende hai tres anos o festival Galegote Rock, organizado pola Concellaría de Normalización Lingüística do Concello de Pontevedra, serve como escaparate e plataforma de lanzamento para moitos artistas e bandas do país, renunindo na cidade durante unha fin de semana a algúns dos nomes máis destacados do panorama.

Vén de presentarse a edición 2014, que se celebrará os días 24, 25 e 26 de abril e que terá como escenario a Sala Karma. Banda do Terror, Machina, Transilvanians, Frenaso no Calsonsillo e Familia Caamagno serán as bandas protagonistas, e ademais haberá espazo para tres djs que amosarán a súa escolma da produción musical pop e rock en galego dos últimos anos. 

 

Programación completa

Xoves 24, 22.00: Pequeno Karma. Entrada de balde.
Banda do Terror
DJ O Xabarín de Bora

Venres 25, 22.30: Sala Karma. 4 euros
Machina
Transilvanians
Fillo do Fiusa DJ

Sábado 26, 22.30: Sala Karma. 4 euros
Frenaso no Calsonsillo
Familia Caamagno
DJ Nano Vinilo

Roger de Flor e o Marques das Vinhas, na edición 2013 do Galegote © Concello de Pontevedra
Cartaz da primeira xornada da edición 2014 do Galegote © Concello de Pontevedra

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.