Guia rápida do Festival do Norte 2012

Unha das últimas edicións do Festival do Norte en Vilagarcía © Festival do Norte

Todos os festivais asemellanse bastante, inda asi o FDN ten algun detalle característico que se comenta ano tras ano á marxe das diferenzas que entre distintas edicións marcan a metereoloxia ou as bandas, a experiencia compartida despois de varias edicións invita a resaltar estes elementos recorrentes nos que algunha vez caemos.

 

Chegando con tempo:

Chegar co tempo xusto para os nosos concertos favoritos non é boa idea, xa que corremos o risco de atoparnos con pequenas demoras que nos estraguen os plans. Unha vez chegados ao Fexdega debemos pasar o proceso de mercar abono, canxear abono por pulseira, entrar no festival, conseguir tickets, ubicarnos, e sempre co risco de caer na cola de hora punta para o grupo de moda.

Chegar co tempo xusto para os nosos concertos favoritos non é boa idea, xa que corremos o risco de atoparnos con pequenas demoras que nos estraguen os plans

Dende as estación de trens e buses até o recinto do Fexdega temos, coma pouco, vinte minutos a pé, tempo que aumenta en función da nosa equipaxe e que se dobla se debemos pasar polo camping, e si, na estación están os taxis, claro que se todo o mundo ten a mesma idea, pouco arranxamos.

Outra, aínda que o recinto do festival e o recinto da acampada estan separados por unha pequena maza de casas, as zonas de entrada obrigan a dar un considerable rodeo contrario ás presas e á ansiedade. Do mesmo xeito o amplo espazo de aparcamento a carón da entrada podese atopar completo, e ninguen quere dar voltas co carro mentres as bandas están no escenario.

 

Acampando

O cedo que comezan os concertos do FDN limita a función socializadora do camping, onde ao longo de todo o dia van chegando e marchando pequenos grupos de festivaleros, cheguemos antes ou despois non é mala cousa procurar referencias claras e permanentes da posición da nosa tenda, en poucas horas pode cambiar considerablemente o aspecto da finca a medida que aumenta o numero de tendas e dificultarnos a orientación en horas de pouca luz.

Preto da costa, ao caer a noite, adoita levantarse un pouco de vento, fenomeno que invita a asegurar ben piquetas e ventos das tendas de campaña

Preto da costa, ao caer a noite, adoita levantarse un pouco de vento, fenomeno que invita a asegurar ben piquetas e ventos das tendas de campaña, a funcion destes é dupla: evitar que o toldo bote a correr polo prado e manter a estrutura tensa para que, en caso de orballo primaveral, a capa exterior non faga contacto coa interior e pase humidades. A idea de anclar as tendas co peso da equipaxe interior pode rematar coa tenda volcada e desprazada unha ducia de metros. Xunto co saco de durmir é básico levar un impermeable e calzado de recambio, a terra do green vai estar algo humida pola maña. Asegurese de levar o smartphone coa batería completa, prescindir de reflex e de planchas do pelo e darlle unha oportunidade as trenzas.

 

En ambiente

No FDN 2011 habia prevision de choiva, daquela colocouse unha carpa sobre o público do escenario grande (o pequeno leva carpa de por si), ademais abriron o edificio fexdega para albergar dentro os postos do mercadillo co que, aínda que mollamos algo os pés, os concertos non se viron afectados.

Por momentos o acceso de entrada non serve de saida e debemos dar un rodeo absurdo para chegar a entrada de novo, hai que pensalo duas veces antes de perder quince minutos rodeando o recinto

Por momentos o acceso de entrada non serve de saida e debemos dar un rodeo absurdo para chegar a entrada de novo, hai que pensalo duas veces antes de perder quince minutos rodeando o recinto, esta vez polo outro lado.

O FDN caracterizase pola sua puntualidade, as bandas que demoran o seu inicio non acumulan retraso, ven reducido o seu tempo de actuación.

Levar roupa interior de abrigo agradécese nos momentos nos que non estas arrodeado de mil festivaleiros do norte bailando éxitos universais.

Todalas edicións tivemos que trocar os euros por tickets para usar nas barras, algún ano os tickets do venres non valían para o sabado, de ser así, seguro que o indican en grande na casiña dos tickets, e cando a carpa dance apaga as luces e as barras pechan os grifos, non podemos recambiar os tickets de sobra por cartos.

 

Vilagarcia

Igual non contas madrugar, mais se tes o soño lixeiro, as probas de son seran un doce despertar a mañá do sábado 28. Como actividade do mediodia está o mercadillo dos sabados no centro da vila, rodeado por un amplio surtido de tascas e bares coas suas tapas caseiras para acompañar os vermús, con sorte o mercadillo sera o lugar ideal onde surtirse de flotadores, tinas e angazos para ir a praia compostela, nese caso precaución, que:
a) inda non temos a pel para excesos
b) este sol vai moi baixo e trae as gripes malas.

Se tes o soño lixeiro, as probas de son seran un doce despertar a mañá do sábado 28

Todos os anos de sol aparecen nos concertos algúns nariz pelados polos excesos do bronce, non sexa vostede o próximo.

Nos arredores do Fexdega está o centro comercial e un par de super-supermercados, o único inconveniente que se pode presentar en Vilagarcia é ter que buscar un caixeiro determinado nunha cidade descoñecida.

 

Intentar sobrevivir a base de maloseras! e patacas de bolsa nunca resultou boa idea

Merchadising

Era costume do FDN repartir un feixe de propaganda de supermercados, marcas de cerveza, promoción doutros festivais e máis. Se isto continua saiban que intentar sobrevivir a base de maloseras! e patacas de bolsa nunca resultou boa idea. De todos os xeitos, dentro do FdN poñen casetiños de galiburguers, perritos, filloas recheas, albondigas vexetais, gofres e máis, para quen precise comer sen abandonar o espazo do FDN e arriscarse a perder algún acorde.

Cartaz da edición deste ano, que comeza este venres Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.