A gran noite do audiovisual galego quence motores e este luns anunciou os e as finalistas nas distintas categorías. Hierro, a serie dirixida por Jorge Coira, é a produción con máis candidaturas (16), seguida das longametraxes Quen a ferro mata (Paco Plaza) e O que arde (Oliver Laxe), con 15 e 12, respectivamente. Eroski Paraíso obtivo 7 nominacións e a serie A estiba seis finalistas.
A gala de entrega dos premios da 18ª edición dos Mestre Mateo terá lugar o vindeiro 7 de marzo no Pazo da Ópera da Coruña, presentada por Patricia Vázquez. O espectáculo, dirixido por Luis Avilés, será retransmitido en directo pola TVG a partir das 22:00 horas.
A Academia Galega do Audiovisual destaca a "igualdade" nas votacións e no reparto de candidatura, "dando fe da boa saúde da que goza o audiovisual galego", sinalou a entidade
O Teatro Colón da Coruña acolleu este luns o anuncio dos nomes de proxectos e profesionais finalistas, nun acto conducido pola actriz Tamara Canosa e o comunicador Rodrigo Vázquez. A Academia Galega do Audiovisual destaca a "igualdade" nas votacións e no reparto de candidaturas, "dando fe da boa saúde da que goza o audiovisual galego", sinalou a entidade.
O que arde e Quen a ferro mata comparten a candidatura de mellor longametraxe con Eroski Paraíso (Jorge Coira e Xesús Ron) e Longa Noite (Eloi Enciso). Mentres, na categoría de mellor serie, a Hierro e A estiba únense Os Mariachi e Serramoura. Finalmente, catro longametraxes optan ao galardón de mellor documental: El futuro de la mente, de Agallas Films e Somadrome; Manoliño Nguema, de Filmika Galaica; Noite Irisada, de Taller de Insomnios e Recunchos de Anma; e O reino suevo de Galicia, de La Región.
Na categoría á mellor dirección non hai, un ano máis, ningunha muller, sendo candidatos Jorge Coira por Hierro, Paco Plaza por Quen a ferro mata, Óliver Laxe por O que arde, e Jorge Coira e Xesús Ron por Eroski Paraíso. No premio ao mellor guión hai tamén un claro dominio entre os finalistas, optando ao galardóns os textos e autores/as de Hierro, A estiba, O que arde e Quen a ferro mata.
Elvis!, Fratoj e Homomaquia son finalistas na categoría de mellor curtametraxe de animación. E 16 de decembro, El jefe, Helsinki 79 e O que medra por dentro son as candidatas ao premio á mellor curtametraxe de imxe real.
Mentres, A Cortados, Antes de perder, Clara Cortés e Dinosaurio optan a gañar o premio á mellor serie web. E Esquimales (Heredeiros da Crus), de Xaime Miranda; Got to get up (Gary Clark Jr.), de Manu Viqueira, LuisLaprisamata e Warner Records; Helsinki 79 (Eufemiano e Lalo), de Pablo Fontenla e Luou City Producións, e Perfidia (Tanxugueiras), de Trece Amarillo e PlayPlan, poden gañar o premio ao mellor videoclip.
Nesta edición da "maioría de idade" dos Premios Mestre Mateo presentáronse un total de 160 obras, entre as que atopamos 5 longametraxes, 18 documentais, 4 series de televisión, 10 series web, 26 programas de televisión, 27 curtametraxes de imaxe real, 3 curtametraxes de animación, 25 anuncios publicitarios e 36 videoclips.