Humor en galego, de curta en curta

Cartaz do certame Dominio Público Praza Pública

Humor e lingua galega son os ingredientes principais das oito curtametraxes a concurso na terceira edición de Somos a curta!, certame organizado pola Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación en colaboración coa Liga Estudantil Galega.

Chegados de distintos puntos da xeografía galega, os filmes loitarán por dous premios de 400 e 200 euros, que adxudicará un xurado composto por membros da comunidade universitaria. Das curtas a concurso elixíronse cinco finalistas que se proxectarán na gala final.

A gala celebrarase este 7 de novembro, ás 20:00, no Auditorio da Facultade de Ciencias da Comunicación. As poetas María Lado e Lucía Aldao serán as encargadas de presentar o evento, que nesta edición mantén o premio especial do público, sen dotación económica, e que se decidirá na propia celebración do evento.

Os títulos a concurso poden consultarse na páxina web do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago, e no facebook da Comisión de Normalización Lingüística de Ciencias da Comunicación, que convida aos participantes e a toda a comunidade universitaria a gozar dunha hora e media de comedia e defensa do uso da lingua galega no audiovisual. Os títulos finalistas son Santiago de Compostela 2024, A verdadeira historia de Bela e Besta, Chamada de atención, Loita de clases e Quen anda aí?

Cartaz do certame Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.