Libros 2x1 dende Carballo

Dominio Público Praza Pública

No medio da crise nacen flores en todas partes. En todos os eidos, tamén na edición. En todos os lugares, por exemplo en Carballo. Quequeres edicións bota a andar cun libro dobre: Primavera de Navallas (poemario de Xurxo Chapela) e Solpor en Waterloo (unha obra de teatro de Xosé Manuel Garcia). Todo cun deseño fermoso e orixinal do finado Alberto Gende. É dobre porque conforman o mesmo volume, cada un coa súa portada e orde de lectura.

Xosé Manuel Garcia publicou un bo feixe de obras en revistas de teatro como Casahamlet ou nos Cadernos de Teatro de Casahamlet. Ademais mantivo durante anos o blog de teatro Falstaff na brétema. Xurxo Chapela é xornalista no Diario de Bergantiños e no DXT Campeón e publicou algúns relatos pero afirma que Primavera de Navallas é "o único dos seus feixes de poemas que salvou do lixo".

Quequeres nace grazas ao esforzo de Xabier Graña (Xiria Pop), que considerou que en Galicia facia falla unha editorial que dese saida a autores novos sobre todo naquelas obras de temáticas máis actuais ou por exemplo as ligadas coa música. Porque Quequeres tamén edita música de bandas galegas, comenzando polos últimos traballos de Quant (Handmade, Homemade), Walrus (Wooden Tapes) e Burgas Beat (Todo lo que vamos dejando detrás). "Máis que unha iniciatia empresarial, Quequeres Edicións é unha aventura filantrópica", din os seus responsables.

Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.