Liceo Mutante: "Non nos arrinquen un dos poucos motivos para non marchar da nosa cidade"

Actuación de MLK no Liceo Mutante © Liceo Mutante

No Liceo Mutante non soa a música dende o pasado 14 de decembro. Aquel día a policía local de Pontevedra persoouse no local onde se ía celebrar un concertoe, que tivo que ser suspendido. O espazo cultural autoxestionado non dispón de licencia municipal para organizar concertos, aínda que até ese momento o Concello fixera a vista gorda pois non houbera denuncias por exceso de ruído e o local atópase nas aforas da cidade, afastado de calquera vivenda. 

A Asociación reunida en Asemblea de socios decidiu suspender a actividade musical programada para ese mesmo mes e vindeiros, ata ter solucionado devandito problema coas autoridades

A Asociación reunida en Asemblea de socios decidiu suspender a actividade musical programada para ese mesmo mes e vindeiros, ata ter solucionado devandito problema coas autoridades. Dende aquel momento, os membros deste espazo cultural intentaron regularizar a súa situación para poder volver ofrecer actuacións musicais. Solicitaron entrevistas tanto co alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, coma cos concelleiros de Urbanismo, de Cultura e de Xuventude.

De despacho en despacho os membros da Xunta Directiva conseguiron falar coa técnico municipal encargada de aprobar os proxectos para a concesión das licenzas "a cal porá no noso coñecemento, agardemos que con brevedade, os requisitos ós cales debemos axustarnos para que a nosa petición vaia a trámite". Ademais os encontros coas concelleiras responsables de Cultura e Xuventude serviron para "atopar unha solución viable para continuar coa nosa programación musical sen perxuizo de ninguén buscando espazos alternativos para a realización dos mesmos namentras o noso local social siga á marxe da legalidade".

O Liceo Mutante denuncia que o proceso se atopa "en punto morto"

O Liceo Mutante denuncia que o proceso se atopa "en punto morto" e que "aínda que a disposición parece boa non podemos máis que inquietarnos ante a lentitude do proceso e a falta de implicación por parte dos políticos da nosa vila á hora de resolver este conflicto, cargados de boas intencións nas palabras pero cunha falta de acción desesperante".

A Asociación pide "que se lle permita continuar prestando o mesmo servicio que durante un ano e medio lle leva ofrecendo á cidadanía da nosa vila, un servicio cultural demandado pola sociedade polas carencias que a este respecto presenta o noso Concello"

A Asociación pide "que se lle permita continuar prestando o mesmo servicio que durante un ano e medio lle leva ofrecendo á cidadanía da nosa vila, un servicio cultural demandado pola sociedade polas carencias que a este respecto presenta o noso Concello, e que nós estabamos a desenvolver de xeito desinteresado, sen custa algunha para as arcas municipais". E conclúe que "seguiremos loitando" pois "non imos permitir que nos arrinquen un dos poucos motivos que nos quedan para non marchar da nosa cidade".

Actuación de MLK no Liceo Mutante © Liceo Mutante

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.