O Reperkusión pechou este sábado tres días de concertos e moito máis: malabares, mercadiño, acampada... O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos, e de máis de tres horas de duracións en cada caso. Máis de cinco mil persoas gozaron cada noite, ademais, con Kiril Dzajkovski, Funky Style Brass, Os Tres Trebons, El Canijo de Jerez acompañado por Tomasito, Russkaja, Dubioza Kolektiv, Bohemian Betyars, Funkombo, La Troba Kung-Fú, Festicultores Troupe, Gambeat Experience ou Dj Karim.
O Circo dos Muchachos tomou vida comandado por un Manu Chao que ofreceu dúas actuacións, con repertorios distintos, e de máis de tres horas de duracións en cada caso
Noutros puntos do recinto situáronse o escenario de día, polo que pasaron unha ducia de grupos galegos, como Terbutalina, Pé de Boi, Chotokoeu, Güintervan, Quando Vand, La Vaga Banda... E tamén o domo, unha espectacular estrutura de ferro na que se situaba a carpa da Escola de Circo dos Muchachos, que serviu no Reperkusión como espazo para o X Encontro de Circo, con actuacións de trapecio, equilibrismo, maxia, clown e malabares. Ademais, polas rúas de Bemposta houbo o mercadiño de artesanía, instrumentos e alimentación. Por tres días, Bemposta recuperou a que foi a moeda de curso legal da Cidade dos Muchachos e no festival as bebidas cobráronse de novo en “coronas”.
Reperkusión 2012
-
Manu Chao na edición 2012 -
Manu Chao no concerto do xoves -
Concerto dos Tres Trebóns -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Reperkusión creou unha "cidade" dentro dunha cidade -
Os concertos deste sábado -
Os concertos deste sábado -
Os concertos deste sábado -
Manu Chao no concerto deste sábado -
Manu Chao no concerto deste sábado -
Manu Chao no concerto deste sábado -
O concerto de Manu Chao deste sábado -
Concertos do venres -
Concertos do venres -
Concertos do venres