Medalla de ouro en recortes en cultura

Captura de pantalla do mapa © The Guardian

O pasado 3 de agosto The Guardian presentou unha iniciativa de xornalismo colaborativo consistente na construción dun mapa europeo dos recortes culturais, no que animaban os seus lectores a enviar e publicar os casos que coñecesen de estruturas sen actividade e programacións canceladas ou reducidas por mor dos plans de axuste do gasto. Menos de dúas semana despois o mapa segue crecendo, amosando cunha soa ollada aqueles países nos que a tesoirada está sendo máis dura, e permitindo enumerar aqueles servizos culturais dos que a poboación está sendo privada.

En Galicia están documentadas polo de agora un total de doce denuncias

O mapa presenta numerosos datos de Gran Bretaña, Alemaña, Italia e o Benelux, pero tamén de España, con ducias de referencias con datos sobre o servizo ou equipamento desaparecidos e a súa localización. En Galicia están documentadas polo de agora un total de doce denuncias, comezando polo programa Preescolar na casa, os equipamientos de educación ambiental da Cmati, ou os recortes sufridos polo Play-Doc de Tui e o Certame de Novos Valores da Deputación de Pontevedra. Tamén se advirte do peche do Museo Liste en Vigo ou os recortes de fondos no MARCO.

En Compostela denúnciase o peche da Sala Nasa e do Centro Cultural Caixanova, asi coma os recortes na USC e no CDG. Finalmente na Coruña criticase o recorte de persoal no Conservatorio Superior de Música da Coruña os recortes de fondos no proxecto de arte urbana MUAU ou os cambios no Teatro Colón. 

O mapa segue aberto e medrando cada dia coas colaboracións dos lectores.

Unha das denuncias refirese ao recorte de fondos no Marco de Vigo © Marco

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.