Nacen os Premios Galegos da Música

Músicos ao Vivo Dominio Público Praza Pública

A asociación Músicos ao Vivo convoca este ano por vez primeira os Premios Galegos da Música co obxectivo de "dotar de visibilidade á realidade musical galega, e poñer en valor todo o potencial e creatividade que posúe este sector". Os galardóns, que se entregarán en decembro, contan con 11 categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile. Así mesmo, convocarase un Premio Honorífico a toda a carreira, "que se outorgará a unha figura da música galega cuxa traxectoria artística e profesional constitúa un referente para as futuras xeracións".

Os galardóns, que se entregarán en decembro, contan con 11 categorías: Pop, Rock, Jazz, Hiphop, Clásica, Folk, Tradicional, Músicas do Mundo, Electrónica, Infantil e Orquestra de Baile

Os gañadores serán escollidos entre os proxectos musicaisrealizados en Galicia ou realizados fora de Galicia pero por músicos galegos, a través dun proceso de votación online e privado dos socios e socias de Músicos ao Vivo. Elixirán en primeira instancia os 3 finalistas de cada categoría e, a continuación, nunha nova rolda de votacións, os 11 premiados e premiadas.

A inscrición para estar nominado aos premios será libre e gratuíta. A asociación chama os seus socios e socias a participar: "os Premios Galegos da Música son de tod@s nós, e de nós depende que sexa un éxito e unha excelente oportunidade para o noso sector. Participemos!!".

 

Músicos ao Vivo Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.