O 16º Encontro Galego de Ilustración olla para a situación do sector en Portugal

Cartel do 16 Encontro Galego de Ilustración © AGPI

O Encontro Galego de Ilustración celebra este venres 27 e sábado 28 a súa 16ª edición. A programación xirará ao redor de dous grandes temas principais. Realizarase un achegamento ao puxante panorama da ilustración portuguesa e, ademais, afondarase na análise da diversificación profesional que se vive na actualidade dentro do sector. Organizado pola Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), conta coa colaboración do Concello de Santiago e o apoio da Consellería de Cultura e Turismo, e a entradade é libre e gratuíta á maior parte das actividades. 

As charlas da tarde do sábado centrarase primeiramente na ilustración en Portugal, co obxectivo de afondar na estratexia de achegamento da AGPI á realidade do país veciño

O encontro comezará o venres un obradoiro de ilustración con Javirroyo. Baixo o título de Mapas Ilustrados para amosar o mundo da túa cabeza, os asistentes poderán aprender a sintetizar ideas e comunicalas con ilustracións sinxelas, tanto como ferramenta narrativa como para a transmisión de conceptos. A inscrición ten un prezo de 15 euros (5 euros no caso dos socios de AGPI). As prazas son limitadas e cómpre anotarse previamente a través dun formulario que se encontra na web do encontro.

O groso do Encontro, con charlas profesionais, mesas redondas e paneis de experiencias, desenvolverase na Sala Mozart do Auditorio de Galicia na xornada do sábado. Toda a xornada no Auditorio de Galicia estará presentada e conducida pola actriz e comunicadora Neves Rodríguez, premiada en 2018 co Mestre Mateo polo seu traballo no programa Vaia troula! da TVG e condutora durante catro anos do espazo radiofónico Metrópoles delirantes, dedicado á banda deseñada. 

O encontro inclúe unha mesa redonda sobre a ilustración en Portugal © AGPI

Ás 11 comezará a primeira charla, que correrá a cargo do ilustrador navarro Jon Juárez (Harriorrihar) baixo o título Debuxar coma un robot, pensar coma un humano; nesa orde. Ás 12.15, será a quenda de Inês Silva, directora da prestixiosa axencia Illustropia, que ofrecerá a charla Marketing e venda do traballo creativo no mercado internacional.  Pola tarde, ás 16.00, haberá unha sesión de revisión de portafolios con Inês Silva e Marta Madureira, que analizarán os traballos de ilustradores e ilustradoras previamente inscritos para brindarlles consellos desde a súa experiencia profesional. 

Toda a xornada no Auditorio de Galicia estará presentada e conducida pola actriz e comunicadora Neves Rodríguez

As charlas da tarde do sábado centrarase primeiramente na ilustración en Portugal, co obxectivo de coñecer a perspectiva dos seus creadores e creadoras e de afondar na estratexia de achegamento da AGPI á realidade do país veciño, na que xa están en marcha outros intercambios e colaboración en iniciativas como o Encontro Internacional da Ilustração de São João da Madeira. A partir das 17.00, Marta Madureira e Cátia Vidinhas farán un repaso á súa traxectoria como ilustradoras nun panel de experiencias, e, inmediatamente despois, xunto con Inês Silva reflexionarán sobre a situación do sector no país veciño nunha mesa redonda titulada Ilustración en Portugal.  A actividade no Auditorio de Galicia concluirá ás 19.00 coa charla de clausura de Javirroyo, autor de referencia para a a edición, a banda deseñada e a colaboración en prensa no estado.

O 16.º Encontro Galego de Ilustración pecharase na medianoite do sábado ao domingo no pub Camalea (praza de San Martiño, 4) coa Festa fin de Encontro, consistente nunha Sesión DJ Ilustrada con Pablo Electrocute. Ao longo da picada, producirase a proxección de debuxos realizados en directo a cargo de varios ilustradores.

Cartel do 16 encontro © AGPI
O encontro pecharase cunha 'pinchada fin de festa' © AGPI

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.