'O Descoñecido' e 'Lobos Sucios', favoritas para os Mestre Mateo

Os premios entregaranse o vindeiro 23 de abril na Coruña © AGA

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer as obras e artistas nomeados para a décimocuarta edición dos premios Mestre Mateo que cada ano revisan toda a produción audiovisual galega. Trala primeira rolda de votacións as longametraxes O Descoñecido (15 nominacións) e Lobos Sucios (14) e a serie de televisión Hospital Real (11) parten como favoritos para a gala dos premios que se celebrará o 23 de abril no Pazo da Ópera de A Coruña. Por número de candidaturas tamén destacan a serie de televisión Serramoura (7) e a longametraxe Las altas presiones (5). Os membros da AGA iniciarán unha segunda rolda de votacións para elixir aos gañadores en cada categoría.

Na categoría de mellor longametraxe competirán, polo tanto, O Descoñecido, Lobos Sucios, Las altas presiones e A praia dos afogados. Na categoría de mellor interpretación masculina os finalistas son Antonio Durán "Morris" (por  Hospital Real. Capítulos 1-15), Federico Pérez (por  Era Visto! Capítulos 125-153), Luís Tosar (por O Descoñecido) e Matthew Fox (por Extinction). Na categoría de mellor interpretación feminina as finalistas son María Vázquez (por Hospital Real.Capítulos 1-15), Marian Álvarez (por Lobos sucios), Nuncy Valcárcel (por Luci. Capítulos 14-28) e Paula del Río (por O Descoñecido).

As webseries finalistas na súa categoría son Dalle Jas!, El Método Sueco, Gafas E Pallaso e P.I.B. (Producto Interior  Bruto). E a mellor curtametraxe elixirase entre as seguintes: Disney (de Jorge Saavedra), Eco (Xacio Rodríguez Baño), Ladrones de Tiempo (I do visual e Bululú Creativos), Restart (Miss Movies en produción asociada con Píxel Films e Escola de Imaxe e Son de A Coruña).

Finalmente, os documentais que optan ao premio son Os días afogados (Amanita Films coa participación de TVG), Querida Gina (Artemática coa participación de TVG), Torre de Breoghán (Abano Producións, Mar Maior, Luar na Lubre e Mirmidón Producións) e Unitarias. Historia dun   Mestre galego (Adiviña Producións coa participación de TVG).

Luis Tosar, nunha escena no filme © O Descoñecido
'Lobos sucios' aspira a 14 premios Dominio Público Praza Pública
Os premios entregaranse o vindeiro 23 de abril na Coruña © AGA

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.