O ferrolán Alberto Gracia gaña o premio da crítica internacional en Rotterdam

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser Dominio Público Praza Pública

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser levou o premio FIPRESCI da crítica internacional no Festival de Cinema de Rotterdam. O filme do ferrolán Alberto Gracia obtén deste xeito un recoñecemento de moito prestixio nun dos festivais de cinema máis importantes do ano e un dos que con máis forza marcan tendencia. Ao premio optaban as dezanove estreas mundiais presentadas no certame dentro da sección Bright Future. Formaban parte do xurado os críticos Diego Lerer (da Arxentina, Inrockuptibles, OtrosCines), Robert Koehler (EEUU, Film Comment), Ronald Rovers (Holanda, Filmkrant, VPRO Gids), Boris Nelepo (Rusia, Séance.ru, Kinote.info, Mubi.com) e Nam Da-Eun (Corea do Sur, Cine21).

My Dog Killer de Mira Fornay, Soldate Jeannette de Daniel Hoesl, Fat Shaker de Mohammad Shirvani, What They Don't Talk About When They Talk About Love de Mouly Surya, Il futuro de Alicia Scherson ou Bellas mariposas de Salvatore Mereu, son os filmes gañadores nalgunhas das restantes categorias. 

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser é a primeira longametraxe de Alberto Gracia. Está rodada en 16 mm e branco e negro e conta a historia de Kaspar Hauser, o neno salvaxe de Alemaña que creceu durante 16 anos en silencio e practicamente na escuridade, que xa foi tratada por Werner Herzog nun filme en 1974.

O quinto evanxeo de Gaspar Hauser Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.