O Festival Internacional Festiclown, creado en Galicia hai quince anos e dirixido polo clown Iván Prado celebrará a súa segunda edición do Festiclown Palestina entre o 1 e o 9 de outubro en Cisxordania para apoiar as vítimas de Gaza. "Levará así as risas a hospitais, colexios, teatros, rúas e prazas de cidades como Xerusalén, Ramala ou Nablús" co obxectivo de "paliar os graves efectos aos que se ve sometida a poboación palestina" como consecueicia do conflitco causado pola ocupación israelí e agravado polo último ataque de Israel.
O Festiclown levará as risas a hospitais, colexios, teatros, rúas e prazas de Xerusalén, Ramala ou Nablús
A segunda edición deste Festiclown, organizado por Pallasos en Rebeldía, chegará a través da arte á sociedade civil palestina e, fundamentalmente, como aseguran nun comunicado, "a mulleres, rapaces e nenos". "Tamén ten a tarfefa de difundir entre a poboación palestina as gargalladas e a esperanza a través do clown e do circo como instrumentos para a transformación, para visiblizar o drama humanitario que sofren os refuxiados", din. Tamén para "concienciar a comunidade internacional sobre o conflito".
Actuarán, ademais do prestixioso actor e clown Pepe Viyuela e do propio Iván Prado, artistas recoñecidos no ámbito circense como o escocés Johnny Melville, os brasileiros da compañía Traço e os españois Kanbahiota, Pablo Muñoz e Daviz Cebrián, a italiana Laura Mandarina e o arxentino Marcelo González. Tamén se desprazár aló o madrileño Mr. Kilombo para darre un toque musical á programación, que se complentará con compañías locais.
A "esperanza, risa e fraternidade" chegarán tamén aos hospitais de Palestina
"Esperanza, risa e fraternidade -especialmente necesarias nests momentos para os nenos- chegan aos hospitais de Palestina", di a compañía, que asegura que anuncia a visita dos pallas nos propios centros sanitarios tras os cincuenta días de sitio do Exército de Israel sobre a Franxa de Gza, onde morreron máis de dúas mil persoas.