O Festival de Cans prepara unha edición "de 10" no seu décimo aniversario

Presentación da programación de Cans 2013 © Festival de Cans

O Festival de Cans fai dez anos e, a pesar das dificultades económicas e da redución das achegas da Xunta e do Goberno central, despregará do 22 ao 25 de maio unha programacion variada e con estreas e figuras de primeiro nivel. Entre elas, algúns dos principais convidados que pasaron polo Torreiro da Festa na última década: Wyoming, Jorge Ilegal, Víctor Coyote, Juanma Bajo Ulloa, Manuel Manquiña, Tony e Elio dos Santos ou. Silvia Superstar. O xurado estará formado por Juan Ibáñez Trancas, Cristina Pato, Unax Ugalde, Mara Sánchez, Xabier Fortes, Patricia Vázquez, Xavier Villaverde...

Este martes presentouse en Cans a programación da edición deste décimo aniversario coa presenza de Nelson Santos, alcalde do Porriño; Jacobo Sutil Nesta, director de Agadic; Cristian Martín, delegado comercial de Estrella Galicia; Juan Carlos Fasero, director da delegación noroeste da SGAE, Alfonso Pato, director do Festival de Cans; Keka Losada, da Asociación Cultural Arela, entidade organizadora; e Mara Sánchez, actriz e representante do xurado. O director do festival, Alfonso Pato, sinalou que esta décima edición "quere ser unha festa de amigos que pasaron por Cans e que marcaron a historia do festival".

Na programación destaca a estrea de Somos gente honrada, de Alejandro Marzoa, Toñito Blanco, só, perdido e vicioso, de Xacobe Sineiro e Nico Campos. E tamén de Encallados, de Alfonso Zarauza, dentro da sección "Primeiro test", un espazo no que se somete un filme sen rematar á valoración do público antes da súa versión definitiva. Haberá 21 curtas a concurso: 14 de ficción e 7 de animación, máis traballos ca nunca. E tamén se inaugura a sección “A que andas?” na que novos realizadores nos contarán en que proxectos están mergullados na actualidade. Outra das novas seccións é Cans Visiblesunha selección de curtas LGTB made in GaliciaTamén haberá música, cunha vintena de actuacións de todos os estilos: rock, pop, folk, música lixeira, charanga... E recuperarase a Canastro Experience cun espectáculo de Víctor Coyote no Hórreo da Casa de Bugarín. 

O festival porá á venda proximamente as 800 entradas dispoñibles para ver as curtas a concurso o sábado 25 de maio, día grande do festival. Este xoves 9 de maio ás 9h da mañá activarase na web o sistema de reserva dos 400 packs de entrada + camiseta dispoñibles a través de internet. O resto das entradas, 400, poranse á venda o xoves 16 de maio (véspera do Día das Letras) ás 19h no Local Parroquial de Cans, situado no torreiro da parroquia.

Presentación da programación de Cans 2013 © Festival de Cans
Presentación da programación de Cans 2013 © Festival de Cans
Presentación da programación de Cans 2013 © Festival de Cans

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.