O filme búlgaro 'Sofia's Last Ambulance' obtén o premio Play-Doc 2013

Sofia's Last Ambulance © Praza Pública

O Festival Internacional de Documentais de Tui xa ten gañador. O xurado, formado por Nick Bradshaw, Hans Hurch e Luis Miguel Oliveira, decidiu outorgar o premio Play-Doc 2013 a Sofia´s Last Ambulance. O filme de Ilian Metev que xa fora galardoado como mellor documental no prestixioso festival de Karlovy Vary e recibido con entusiasmo por crítica e público na súa presentación internacional en Cannes, segue a única ambulancia de Sofía con unidade de reanimación unha noite calquera. 

Segundo a acta do xurado: "Sofia's Last Ambulance amósanos tres persoas traballando na capital de Bulgaria como pilotos dunha nave espacial. Centrándose exclusivamente na súa rutina diaria e en como reaccionan aos desafíos, confronta a nosa imaxinación cos problemas concretos dunha sociedade ao bordo do colapso social e económico. O seu delicado equilibrio do visible e o invisible toca o corazón do que o cinema pode ser e facer".

Sofia's Last Ambulance © Praza Pública
Sofia's Last Ambulance © Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.