O Premio Repsol de Narrativa Breve convoca unha nova edición e chega a unha ducia

Entrega da última edición do premio, con representantes da Consellería, da Fundación Repsol e de Galaxia © Xunta

A Fundación Repsol e a Consellería de Cultura impulsan unha nova edición do Premio Narrativa Breve Repsol, que chega á súa 12ª edición. A dotación económica do galardón ascende a 12.000 euros e inclúe a publicación da novela curta por parte da Editorial Galaxia. O pasado ano Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co premio coa obra O sono das sereas

As obras poderán enviarse ata o próximo 31 de xullo. As bases están dispoñibles nas webs fundacionrepsol.com e acoruna.repsol.com. Un xurado decidirá a obra gañadora que se dará a coñecer no mes de setembro. Estará conformado por cinco membros, que representarán a Fundación Repsol, á Secretaría Xeral de Política Lingüística da Consellería, á Real Academia Galega, á Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e á Editorial Galaxia.

A Fundación Repsol vén impulsando a creación literaria en galego dende o ano 2006 en que se entregou a primeira edición deste premio. Esta é a relación completa de autores, autoras e obras gañadoras:

  • 2006 - Miguel Sande, Se algún día esta muller morta (Accésit: Xavier Lama, O insomnio dos centauros).
  • 2007 - Anxos Sumai, Así nacen as baleas.
  • 2008 - Xosé Luís Martínez Pereiro, A verdade como mal menor.
  • 2010 - Xurxo Sierra Veloso, Os fíos.
  • 2011 - Fernando Díaz-Castroverde, Microbios e outros paquidermos.
  • 2012 - María López Sández, A forma das nubes.
  • 2013 - Berta Dávila, O derradeiro libro de Emma Olsen.
  • 2014 - Santiago Lopo, A diagonal dos tolos.
  • 2015 - Marcos S. Calveiro, Fontán.
  • 2016 - Daniel Asorey, Nordeste.
  • 2017 - Xosé Antonio Neira Cruz, O sono das sereas
     
O pasado ano Xosé Antonio Neira Cruz fíxose co premio coa obra 'O sono das sereas' © Editorial Galaxia

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.