O Reperkusión péchase con éxito de público e críticas pola "falta de apoio do Concello"

Concerto de Manu Chao © Brais Seara

O Festival Reperkusión pechou con éxito a súa decimoprimeira edición e consolida a súa aposta pola Cidade dos Muchachos, onde espera celebrar as próximas edicións. O festival mantivo a afluencia nos concertos de noite e medrou o número de asistentes á programación de día, cun público interxeracional e de procedencias moi diversas: xunto a unha nutrida presenza de persoas de Ourense e do resto de Galicia, destacou a cantidade de xente chegada do resto de España e doutros países como Francia, Portugal, Italia, Alemaña, Sudáfrica ou Costa Rica.

A organización amósase "moi satisfeita" coa calidade artística do festival, desde os concertos de noite con Manu Chao e Fermin Muguruza, entre outros, ata as actuacións musicais e de circo e as actividades paralelas da programación de día. Tamén destacan "a importancia que tivo a implicación social para sacar adiante o Festival Reperkusión. O apoio dos muchachos bemposteños e das moitas persoas implicadas na recuperación do proxecto de Bemposta a foi imprescindible para o éxito desta edición". 

A organización só lamenta "a falta de sensibilidade do Concello de Ourense, que non amosou ningún interese en apoiar o festival en Bemposta. Só a resposta social permitiu sacar adiante un festival e un proxecto que o Concello non valora o suficiente"

Neste sentido, a organización só lamenta "a falta de sensibilidade do Concello de Ourense, que non amosou ningún interese en apoiar o festival en Bemposta. Só a resposta social permitiu sacar adiante un festival e un proxecto que o Concello non valora o suficiente. Con cero euros de achega municipal e nun momento no que a Xunta de Galicia aínda non publicou as súas axudas a festivais, o Reperkusión conseguiu saír adiante sen ningún apoio económico das administracións".

Concerto de Manu Chao © Óscar Pinal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.