O teatro emerxente móvese en Vigo

Teatro á feira: festa de teatro emerxente © Asociación de Titulados Superiores en Artes Drámaticas

Unha obra e unha tapa. Ou unha bebida e unha performance. O teatro e a gastronomía uniranse esta fin de semana en Vigo en Teatro á Feira, unha iniciativa posta en marcha pola Asociación de Titulado/as en Estudos Superiores de Arte Dramática. Os actores, actrices, dramaturg@s, director@s ou escenógraf@s, formados e formadas na Escola Superior de Arte Dramática amosarán entre o venres e o domingo as súas propostas no Auditorio municipal. Pero á vez coas entradas regalaranse tapas e degustacións en varios bares e cafetarias da cidade que quixeron apoiar esta iniciativa e apadriñar unha obra cada un.

As entradas teñen un prezo de 6 euros. O festival inaugurarase o venres ás sete da tarde nun acto no que serán homenaxeados pola ATESAD Cándido Pazo, Carlos Alonso, Cristian de Samil, a compañía Artello Teatro a la Escala (Rosa Hurtado e Santi Montenegro) e Doro Piñeiro -en representación das compañías de teatro afeccionado de Vigo-.

 

Programa

Venres 1 de febreiro

19:00 Apertura da Festa de Teatro Emerxente
20:30 "Mambo" de EscénaTe (tódolos públicos)

Sábado 2 de febreiro

12:30 "Laranxus 7" de Artefakto Teatro (infantil)
19:00 "Igual que los tuyos" de Art-Monium (maiores de 10 anos)
19:30 "Julieta Virutal" de Anómico Teatro (adultos)
20:30 "Malena llena eres de gracia" de Compañía d'As Marías (adultos)
23:00 "Improperio" de Triatreros (tódolos públicos)

Domingo 3 de febreiro

12:30 "Con Moito Conto" da Fundación Igualarte (infantil)
19:00 "Hámster" de Triatreros (adultos)
20:30 Clausura da Festa de Teatro Emerxente

Teatro á feira: festa de teatro emerxente © Asociación de Titulados Superiores en Artes Drámaticas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.