Os once cineclubes que na actualidade funcionan en Galicia pechan o 2012 cun incremento da súa actividade e das súas cifras de proxeccións e de espectadores. En total foron 25.020 as persoas que asistirons ás sesións destes centros. Proxectáronse 338 filmes de corenta países distintos, cunha media de 35 persoas por sesión. Foi o Cineclube Padre Feijoo de Ourense o que conseguiu atraer máis espectadores -máis de oito mil-, seguido dos cineclubes do Barco e do Carballiño, que roldaron os 3.500.
En total foron 25.020 as persoas que asistirons ás sesións destes centros. Proxectáronse 338 filmes de corenta países distintos, cunha media de 35 persoas por sesión
As produccións máis exhibidas pola rede dos cineclubes de Galicia, foron dous filmes filandeses A cegas e Eila, (froito dun acordo de colaboración co instituto iberoamericano de Finlandia) e a cinta iraniana Nader e simin, unha separación, todas con cinco pases. Con catro proxeccións situouse a produción galega Engurras.
A Federación di que espera do 2013 "non ter que peregrinar mes por mes polos distintos departamentos da Administración para alcanzar un acordo que garanta unha estabilidade orzamentaria"
O nivel de financiamento dos cineclubes mantívose estable no que se refíre á achega da AGADIC -uns 24 míl euro-, e reducíuse considerablemente no que respecta aos concellos, "con compromisos municipais ficticios nas programacións, sen que se artelle unha estabilización orzamentaria", segundo a Federación de Cineclubes de Galicia. En total calcúlase un volume de negocio, que beneficia ás distribuidoras, produtoras, transportes, salas e publicidade, 101.400 euros.
A Federación di que espera do 2013 "non ter que peregrinar mes por mes polos distintos departamentos da Administración para alcanzar un acordo que garanta unha estabilidade orzamentaria", e demanda igualmente que se distribúa pola rede de cineclubes "a programación que de forma exclusiva realiza o CGAI na Coruña".
Proxeccións e espectadores por cineclube
Cineclube Padre Feijoo -Ourense-. 37 filmes. 8222 espectadores
Cineclube Valle-Inclán -Lugo-. 18 filmes. 1000 espectadores
Cineclube Cangas. 19 filmes. 855 espectadores
Cineclube Lumière-Vigo. 32 filmes. 1984 aprox. Espectadores
Cineclube Pontevedra. 29 filmes. 2150 espectadores
Cineclube Os Papeiros -Chantada-. 12 filmes. 1040 espectadores
Cineclube A Calexa -Monforte-. 13 filmes. 463 espectadores
Cineclube Groucho Marx -O Barco-. 24 filmes. 3754 espectadores
Cineclube Poleiro -Goián Tomiño-. 10 filmes. 300 espectadores
Cineclube Carballiño. 111 filme- 3550 espectadores
Cineclube de Compostela. 33 proxeccións. 1155 espectadores