O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra acolle até o 31 de marzo a mostra Ilustradores galegos: habelos, hainos, con obras de 19 debuxantes galegos centradas, coma o propio Salón, na sorte, boa ou mala, asociada a obxectos ou animais na cultura popular. Na mostra poden verse traballos de Manuel Lariño, Almudena Aparicio, Aida Alonso Vázquez, Luís Sendón, Minia Regos, Alberto García Ariza, Carmen Ferrín, Ana Santiso, Augusto Metztli, Pirusca, Kristina Sabaite, Matalobos, Tokio, Jorge Fernández Peral, Antonio Seijas, Noemí López, Eduardo Baamonde, Rubén Mariño e Hugo Covelo.
A mostra pode verse online na páxina da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.
O Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra desenvólvese do 4 ao 31 de marzo e este ano chega á dúa decimoterceira edición, que se quixo conmemorar centrando as actividades nas supersticións, tan presentes na literatura oral e nos contos, indagando de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte, e nas historias dos maiores e como se trasladan á literatura infantil.