Os lectores e lectoras de Fervenzas Literarias escollen o mellor do 2013

Xabier López obtivo o premio Xerais de novela con 'Cadeas', escollido mellor libro de narrativa. © Xerais

Os lectores e lectoras da web cultural Fervenzas Literarias escolleron, un ano máis (e van xa sete anos consecutivos), as obras, autoras e iniciativas vencelladas á literatura galega máis destacadas do pasado ano. En total os responsables de Fervenzas recibiron 439 enquisas, un corpus realmente amplo que consolida esta iniciativa. 

Cadeas (Xabier López), Sobre Ruínas (Xesús Rábade Paredes), Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez), Isóbaras (Gustavo Pernas), Operario (Jano) foron seleccionados como os mellores libros de 2013 de narrativa, poesía, ensaio, teatro e banda deseñada, respectivamente. Ramón Nicolás (mellor crítico), Culturgal (mellor iniciativa) e Praza Pública (mellor medio de comunicación) tamén aparecen entre os premiados.

Mellor libro de... Narrativa: Cadeas (Xerais). Xabier López López

Mellor libro de... Poesía: Sobre ruínas (Alvarellos). Xesús Rábade Paredes

Mellor libro de... Ensaio: Feminismos (Xerais) Olga Castro e María Reimóndez

Mellor libro de... Teatro: Isóbaras (Xerais). Gustavo Pernas Cora

Mellor banda deseñada: Operario (Demo) Jano

Mellor libro de... Tradución para adultos: Ulises (Galaxia) James Joyce. Tradución de Eva Almazán, María Alonso Seisdedos, Xavier Queipo e Antón Vialle

Mellor libro de... Xuvenil: Nubes de evolución (Xerais). Andrea Maceiras

Mellor libro de... Infantil: Un rato díxolle á lúa (Xerais) Antonio García Teijeiro e ilustracións de Xosé Cobas

Mellor libro de... LIX traducida: A evolución de Calpurnia Tate, Jacqueline Kelly (Faktoría K de Libros). Tradución de Carlos Acevedo

Autor/a do 2013: Xabier López López

Ilustrador/a do 2013: Manel Cráneo

Mellor portada de... Adultos: A luz da colleita (Galaxia)

Mellor portada de... Literatura Infantil e Xuvenil: Pan de millo (Kalandraka). Ilustración de Dani Padrón

Mellor editorial do 2013: Xerais

Mellor crítico/a do 2013: Ramón Nicolás

O mellor acontecido no 2013: Culturgal 2013

O peor acontecido no 2013: Os recortes en cultura

Mellor Libraría do 2013: Andel (Vigo)

Mellor medio de comunicación do 2013: Praza Pública

Mellor blog do 2013: Caderno da Crítica. Ramón Nicolás

Xabier López obtivo o premio Xerais de novela con 'Cadeas', escollido mellor libro de narrativa. © Xerais
Capa de Feminismos (Olga Castro e María Reimóndez), escollido mellor libro de ensaio © Xerais
'Operario' © Demo Editorial

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.