Os premios da edición anuncian os seus finalistas

Entrega dos Premios da Edición en 2009 © AGE

O vindeiro 15 de marzo a cidade de Vigo acollerá a VIII Noite da Edición 2012, que se celebrará no restaurante Mar de Vigo. Os Premios da Edición, convocados pola Asociación Galega de Editores, pretenden recoñecer e distinguir a excelencia do traballo editorial realizado no ámbito editorial ao longo do ano 2012 en Galicia. As distincións, sen dotación económica, distribúense en dez categorías diferenciadas, que premiarán distintos aspectos da produción literaria.

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE FICCIÓN 2012

OUTONO AQUÍ, de Mario Regueira, editado por Sotelo Blanco.

MORGANA EN ESMELLE, de Begoña Caamaño, editado por Galaxia.

AS VOCES BAIXAS, de Manuel Rivas,  editado por Xerais.

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE POESÍA OU TEATRO NO ANO 2012

RUÍDO DE FONDO, de Daniel Salgado, editado por Xerais.

TIGRES DE TERNURA, de Claudio R. Fer, editado por Toxosoutos.

O SILENCIO, de Mario Regueira, editado por Xerais.

BREIZH, de Miro Villa, editado por Toxosoutos.

OS ÁNGULOS DA BRASA, de Manuel Martínez Torneiro, editado por Kalandraka.

FRASE DE TREMA, de Lorena Souto, editado por Espiral Maior.

 

PREMIO ÁNXEL CASAL AO LIBRO DE NON FICCIÓN ANO ANO 2012

OS SEÑORES DA MENTIRA. Política e Cultura en Galicia, de José Carlos Bermejo Barrera, editado por Lóstrego.      

HERDEIROS POLA FORZA, de Manuel Gago e Xurxo Ayán, editado por 2.0 Editora. COMPENDIO DE HERBAS MÁXICAS, de Montse Rubio, editado por Baía Edicións.

O CARBALLO, de Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.       

COMO FALAR E ESCRIBIR EN GALEGO CORRECTAMENTE E CON FLUIDEZ, de Carlos Callón, editado por Xerais.            

O RASTRO QUE DEIXAMOS, de Agustín Fernández Paz, de Xerais.      

PREMIO LOIS TOBÍO Á TRADUCIÓN NO ANO 2012

DIARIO DE INVERNO, de  traducido por  Eva Almazán , editado por  GALAXIA         

MIGUEL STROGOFF, traducido por Ánxela Gracián, editado por Baía Edicións.        

ALÉN DA FRONTEIRA: SETE POETAS VASCOS,  traducido por  Isaac Xuvin, editado por Kalandraka Editora.           

 

PREMIO ISAAC DÍAZ PARDO AO LIBRO ILUSTRADO DO ANO 2012

PAXARO DE MAR E VENTO,  ilustraso por  Xosé Cobas, editado por Biblos.  

COMPENDIUM DE HERBAS MÁXICAS,  ilustrado por Montse Rubio, editado por Baía Edicións. 

ALMANAQUE MUSICAL,  ilustrado por  David Pintor, editado por Kalandraka Editora.      

O  CARBALLO,  ilustrado por  Carlos Silvar, editado por Baía Edicións.

OSO ATRAPABOLBORETAS, de Susanna Isern & Marjorie Pourche, editado por OQO Editora         

VERDEDADES, ilustrado por  Xosé Tomás, editado por Biblos.

CARTAS DE INVERNO,  ilustrado por  Antonio Seixas, editado por Xerais.    

 

PREMIO NEIRA VILAS AO MELLOR LIBRO INFANTIL E XUVENIL DO ANO 2012

PAXARO DE MAR E VENTO, de Tucho Calvo, editado por BIBLOS      

O CORAZÓN DE XÚPITER, de Ledicia Costas, editado por Xerais.       

A VERDADEIRA HISTORIA DA  MOSCA DA TELE, de María Solar, editado por Galaxia.

TITIRICIRCUS, de Miguel Borines, Tatán, Tanxarina, editado por Kalandraka Editora   CARRABUÑAS, de  CharlottePardi, e   editado por OQO Editora.

MARÍA FUMAÇA, de Uxía Senlle, editado por Galaxia.  

A  PUNTA DE PISTOLA, de Fran Alonso, editado por Xerais.     

CARTAS DE INVERNO,  de Agustín F. Paz,  editado por Xerais. 

 

PREMIO XOSEFA IGLESIAS VILLAVERDE AO MELLOR LIBRO EDUCATIVO DO ANO 2012

PEIXES.COCIÑA INFANTIL, de varios, editado por Ouvirmos.   

INVENTARIO ILUSTRADO DE ANIMAIS, de Virginie Aalakjidi, editado por Kalandraka.        

ROSA CARAMELO, de Adela Turín, editado por Kalandraka.   

O CARBALLO, de Carlos Silvar, editado por  Baía Edicións.      

 

PREMIO ROSALÍA DE CASTRO Á INICIATIVA EDITORIAL DO ANO 2012

COLECCIÓN XORNALISTAS, de  2.0 EDITORA;  OQO FILMES, de OQO Editora, GALAXIA TALES, de Editorial Galaxia; e John Balan, un yanqui en la Corte de Breogán, de Teófilo Edicións. 

      

PREMIO XOSÉ MARÍA ÁLVAREZ BLÁZQUEZ AO AUTOR/AUTORA OU COLECTIVO DE AUTORES EN LINGUA GALEGA NO 2012

Manuel Gago, Xornalistas de Galicia (VVAA), Fina Casalderrey e Marcos Calveiro.

Entrega dos Premios da Edición en 2009 © AGE

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.