A novela Cinco corujas, de Susana Sanches Arins (Através Editora), fíxose co premio de obra narrativa; e Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas (Editorial Galaxia), acadou o galardón ao mellor libro de poesía
Os Premios Follas Novas do Libro Galego pecharon a súa edición deste ano coa tradicional gala no Teatro Principal de Santiago que deu a coñecer aos gañadores en cada unha das trece categorías destes galardóns. As escritoras dominaron os recoñementos este ano, xa que obtiveron dez dos 13 posibles. Competían 70 obras candidatas.
A novela Cinco corujas, de Susana Sanches Arins (Através Editora), fíxose co premio de obra narrativa; Retratos de vodas, partos e funerais, de Silvia Penas (Editorial Galaxia), acadou o galardón ao mellor libro de poesía nunha edición que rendeu homenaxe ao escritor Joseba Sarrionandia, á libraría Eixo, e ao desaparecido editor Francisco Porrúa.
Obras premiadas nos Follas Novas 24:
- Ensaio e investigación: Ser Cetáceo. O fascinante inverno do animal de fondo. Francisco Xosé Fernández Naval. Editorial Bululú.
- Premio á obra de divulgación: O cento voando. Amores, alianzas emonogamias. Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema (coord.). Edicións Xerais de Galicia.
- Premio á obra de narrativa : Cinco corujas. Susana Sanches Arins. Através Editora.
- Premio á obra infantil: A botella de lentellas. Leticia Barbadillo. Edicións Xeraisde Galicia.
- Premio á obra xuvenil: Burbullas de calma serena. Andrea Maceiras. Cuarto de inverno.
- Premio ao libro ilustrado: Maruja Mallo. Enigmaticamente única. Bea Gregores (i) María Canosa. Editorial Bululú.
- Premio ao libro de banda deseñada, gráfico e humor: Fago o que podo. Afra Torrado. Rodolfo e Priscila.
- Premio á iniciativa bibliográfica: Colección Candemaia. Edicións Laiovento.
- Premio á obra traducida: Deiche os ollos e miraches as tebras. De Irene Solá. María Alonso Seisdedos. Kalandraka.
- Premio ao libro de poesía: Retratos de vodas, partos e funerais. Silvia Penas. Editorial Galaxia.
- Premio ao libro de teatro: Festas de gardar. Díptico para a resistencia. Lorena Conde. Cuarto de inverno.
- Premio ao libro mellor editado: O gran libro dos nosos montes. Blanca Millán. CumioEditorial.
- Premio promoción da lectura: Espazo Lectura de Gondomar
O xurado desta novena edición estivo formado por Andrea Barreira, David Cortizo, Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro, Arantxa Nogueira, María Villaverde
A gala foi presentada polo actor Xosé Barato “acompañado” por unha intelixencia artificial entremetida nas intervencións do presentador. A música para esta nove edición correspondeu a SAL, o proxecto musical de Diego Salgado e Pablo Pazo, guitarra e baixo, arredor do mundo do soul. O xurado desta novena edición estivo formado por Andrea Barreira, David Cortizo, Beatriz Fariñas, Lorena Gómez, Carlos Negro, Arantxa Nogueira, María Villaverde.
Os premios Follas Novas están organizados pola Asociación de Escritoras e Escritores en en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e a Fedración de Librarías de Galicia (FLG), co apoio da Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña, a Xunta de Galicia e CEDRO.
Premios honoríficos
Cada unha das tres asociacións organizadoras entrega na Gala dos Follas Novas os seus premios de honra anuais, nos que se salienta unha figura das letras, unha editorial ou persoa destacable do mundo editorial e unha libraría.
A Federación de Librarías de Galicia premiou nesta edición á Libraría Eixo, que acaba de cumprir 25 anos desde Javier Ibáñez abrira as súas portas en Ourense en 1999. Desde ese momento, a libraría converteuse nun axente cultural para a cidade, ofrecendo un catálogo de 25.000 títulos e realizando actividades destinadas a dar a coñecer o mundo literario e a crear unha comunidade lectora na cidade.
A Asociación Galega de Editoras recoñeceu este ano a quen foi un dos máis importantes editores de fala hispana no mundo. Francisco Porrúa, nacido en Corcubión en 1922 e finado en Barcelona en 2014, foi tradutor e editor en Arxentina e fundador dunha das principais editoras de ciencia ficción, Minotauro. Foi editor de Cortázar, Bradbury, Tolkien e Ballard, e tivo unha importancia decisiva na publicación de Cien años de soledad, de Gabriel García Márquez. Tamén foi editor de Editorial Sudamericana e Edhasa. O premio foi recollido polo seu fillo Antonio Porrúa.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega quixo recoñecer a Joseba Sarrionandía (Bizkaia, 1958), poeta e tradutor vasco, tamén coñecido como Sarri. Formou parte nos anos oitenta da banda literaria Pott xunto con Bernardo Atxaga, Jon Juristi y Ruper Ordorika. É membro da Euskaltzaindia e tradutor de Eliot ou Pessoa. Ten publicado arredor de corenta títulos de narrativa, poesía, ensaio ou literatura infantil. Ademais, Sarrionandía, foi un dos tradutores ao vaso dos clásicos da literatura galega.