Os Premios Martín Códax xa teñen finalistas e anuncian que o público escollerá o galardón de 'Artista do Ano'

Foto de familia dos e das finalistas desta edición dos Premios Martín Códax © Premios Martín Códax da Música

A 9º edición dos Premios Martín Códax da Música xa ten finalistas. Cambados acolles este mércores pola tarde a festa na que se anunciaron os artistas, bandas e proxectos que optarán -tres por categoría- aos galardóns, que se entregarán o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra, nunha gala na que tamén se entregarán os premios das novas categorías extraordinarias: Artista Emerxente e Artista do Ano e mais o Premio Honorífico 2022, que se anunciará en breve.

Os premios entregaranse o vindeiro 5 de outubro no Pazo da Cultura de Pontevedra

A Festa de Finalistas contou coa intervención do presidente das adegas, Xoán Antonio Allegue López, e da presidenta de Músicas ao Vivo, Xiana Lastra. Allegue López destacou na súa intervención o apoio á cultura “como parte da identidade das bodegas, especialmente no caso da música". “Levamos anos promocionando a cultura e gústanos, non en van levamos o nome dun trovador nas Bodegas”, engadiu. Os Premios Martín Códax da Música están organizados por Músicas ao Vivo, co patrocinio e apoio das Bodegas Martín Códax, Concello de Pontevedra, AGADIC-Xunta de Galicia e Deputación de Pontevedra.

Xoán Antonio Allegue López, presidente das adegas Martín Códax, e Xiana Lastra, presidenta de Músicas ao Vivo © Premios Martín Códax da Música

Agora os socios e socias de Músicas ao Vivo escollerán os premios entre os finalistas. Admeais, este ano abrirase a participación tamén ao público, que poderá votar nunha nova categoría extraordinaria desta edición (Artista do Ano) a través da páxina web dos Premios

Como explicou a presidenta da entidade, Xiana Lastra durante a festa de finalistas, preto de catrocentros proxectos presentáronse a esta novena edición dos premios. O pasado 3 de setembro finalizou a reunión e votacións do xurado dos Premios, de onde saíu a selección de proxectos finalistas que se presentaron este mércores. Ademais o xurado encargouse de seleccionar o premio Artista Emerxente, unha das novidades en canto a categorías extraordinarias que se darán a coñecer na propia gala deste ano. 

O xurado estivo integrado en 2022 por Adriana Tarela, produtora e xerente da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC), Rubén Fernández, músico e docente, Pedro Iglesias, produtor e técnico de son, Lois Atanes, xornalista musical, e Silvia Penide, cantautora. A votación abrirase agora aos socios e socias de Músicas ao Vivo entre o 15 de setembro e o 2 de outubro. Ademais este ano abrirase a participación tamén ao público, que poderá votar na outra nova categoría extraordinaria desta edición (Artista do Ano) a través da páxina web dos Premios

Finalistas da 9ª edición dos Premios Martín Códax

  • Pop e Indie: De Vacas, Anxo Araujo, Néboa
  • Rock: Familia Caamagno, Moura, Bala
  • Canción de Autor/a: Antía Muíño, Xóan Curiel, Sofía Espiñeira
  • Músicas Urbanas: Rebeliom do Inframundo, O Rabelo, Ilmarto
  • Blues, Funk e Soul: Nastasia Zürcher, Udra, O Cadelo Lunático
  • Electrónica: Grande Amore, Garza, Hilario Rodeiro
  • Metal: Arrhythmia, Grima, Teima
  • Música Clásica e Contemporánea: Samudra Trío, Katerina Linke, Fernando Abreu
  • Jazz e Músicas Improvisadas: Xosé Miguélez 4tet, Orquestra Galega de Liberación, Valentín Caamaño
  • Músicas do Mundo e Mestizaxe: Catuxa Salom, Nebra, Sheila Patricia
Imaxe dos Premios Martín Códax na súa novena edición © Premios Martín Códax da Música
  • Música Tradicional: Airiños da Freba, Cántigas e Frores, Os da Porfía
  • Folk: Cuarteto Caramuxo, Oîma , Os d’Abaixo
  • Música Infantil: Mamá Cabra, Pitusa Semifusa, Martiña Soñadora
  • Orquestras, Grupos e Música de Verbena: La Oca Band, Bicoia, América de Vigo
  • Bandas de Música Popular: Banda Unión Musical de Meaño, Banda de Música Cultural de Salceda, A Banda de Lombás

 

  • Salas: A Arca da Noe (Vilar de Santos), Sala Karma (Pontevedra), Sala Rebullón (Mos)
  • Festivais: Festival de Ortigueira, Canteira Fest, Canjazz
  • Espazos de Comunicación: Ondas Indies (Radio Galega), A Xente de Teo, Descúbreas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.