Pedro Feijóo, Berta Dávila ou Tanxugueiras, entre os recoñecementos dos Premios da Crítica e os Premios Xerais

Feijóo, Reimóndez e Barbadillo, premiados nos Premios Xerais © Edicións Xerais

A entrega dos galardóns coincidiu na mesma xornada cunha lembranza ao fundador dos Premios da Crítica, o editor Bieito Ledo, e a Crimen en Compostela, de Carlos G. Reigosa, primeiro gran éxito dos premios Xerais

O Parador de Baiona e o Auditorio Afundación de Vigo acolleron na mesma xornada deste sábado a entrega dos Premios Xerais e dos Premios da Crítica, respectivamente. No caso dos Premios da Crítica, que este ano chegaban á súa edición número 46, houbo unha homenaxe ao fundador da entidade, o editor Bieito Ledo. Pola súa banda, nos Premios Xerais, que celebraban a edición número 40, houbo unha lembranza a Crimen en Compostela, obra de Carlos G. Reigosa que supuxo o primeiro gran éxito dos galardóns. Estes foron os galardóns en cada certame:

Galardoados cos Premios da Crítica 2023 © BNG de Vigo

Premios Xerais

  • Premio Xerais de Novela: Ninguén contará a verdade, de Pedro Feijóo.
  • Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil: Furia, de María Reimóndez.
  • Premio Merlín de Literatura Infantil: A botella de lentellas, de Leticia Barbadillo.

Premios da Crítica

  • Creación Literaria: Os seres queridos, de Berta Dávila.
  • Investigación: O libro negro da lingua galega, de Carlos Callón.
  • Iniciativas Culturais e Científicas: Agrupación Astronómica Coruñesa
  • Música: Tanxugueiras.
  • Artes Plásticas: Teresa Táboas.
  • Artes Escénicas: Teatro Ensalle.
  • Cine e Artes Audiovisuais: Pepe Coira.
  • Cultura Gastronómica: Estrelas no Camiño.

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.