O Festival Free Sahara Porriño busca informar e sensibilizar sobre o conflito do Sahara Occidental a través de proxeccións e conferencias. Está organizado polo colectivo Juventud Saharaui, conta coa colaboración do Concello de Porriño e celébrase entre o 30 de maio e o 2 de xuño. Os dous primeiros días as actividades terán lugar na casa do Concello e os dous seguintes no Centro Cultural de Porriño.
Programa
Xoves 30. 20 horas: Presentación do Festival a cargo de Mohamed Lahsen, membro do colectivo Juventud Saharaui. Tamén se inagurará a Exposición Fotográfica “Luyou”, un recopilatorio de imaxes sobre o exilio do pobo saharaui. A mostra tdntará revivir a historia do exilio saharaui a través dunha recompilación fotográfica da historia do Sahara Occidental dende 1975.
Venres 31. 19 horas: Proxección do documental Hijos de las Nubes de Javier Bardem. 20:30 horas: Conferencia de Aby Hatman -Responsable de ATTURAZ (Asociación para a preservación e o desenvolvemento do legado cultural saharaui). 21:15 Charla Coloquio.
Sábado 1. 19:30 horas. Proxección do documental Gdeim Izik sobre o desaloxo marroquí do Campamento Libertad en El Aiun. 20:15 horas. Conferencia de Hassanna Aalia - Refuxiado político condenado por Marrocos a cadea perpetua e defensor dos dereitos humanos no Sahara Occidental. 21:00 horas: Charla Coloquio.
Domingo 2. 19:30 horas: Proxección da película Wilaya de Pedro Pérez Rosado. 20:30 horas: Charla Coloquio. 20:45 horas Degustación de té saharaui.