"No máis profundo da xungla, uns intrépidos e chiflados exploradores afrontan a máis insensata das aventuras. A súa misión é capturar un exótico animal en vías de extinción para o ZOO dunha gran cidade. Os continuos despropósitos dos protagonistas desencadearán unha esperpéntica epopea visual na que a medio, aparentemente paradisiaco, convértese nunha trampa infestada de estraños animais e perigos ocultos. Aves, mamíferos, réptiles e insectos farán a vida imposible aos heroes da expedición". O espectáculo Zoo, de Yllana, foi premio MAX no pasado 2010, e dende entón leva xirando por todo o Estado con grande éxito.
A Estrada (2 de marzo), Vigo (3 de marzo) e Santiago de Compostela (4 de marzo) son as localidades que acollerán a obra en Galicia, despois do seu paso pola Coruña e Pontevedra.
Praza ofrécevos dúas entradas para o pase da obra este domingo 4 de marzo no Teatro Principal de Compostela. Para gañalas tedes que comentar nesta nova até este xoves ás nove da noite. Realizaremos un sorteo entre todos os comentarios e comunicaremos o gañador ou gañadora.