Galaxia conmemora a publicación da vixésima edición do Principiño en galego cun concurso. Os lectores teñen que contar en 140 caracteres o que lles gusta deste libro que foi editado na nosa lingua por vez primeira en 1972.
Para participar non hai máis que publicar en twitter aquilo que máis gusta desta obra, acompañando o comentario do hashtag #gustameoprincipiñopor
Hai tempo até o 7 de febreiro. Nese momento a editorial escollerá o mellor texto entre todos os participantes. O gañador levará como premio unha edición en tapa dura da obra de Saint-Exupèry e tamén un exemplar de todas e cada unha das obras literarias de Carlos Casares, tradutor do libro e coleccionista de edicións en distintas linguas da obra.
Para participar non hai máis que publicar en twitter aquilo que máis gusta desta obra, acompañando o comentario do hashtag #gustameoprincipiñopor. Polo de agora hai unha vintena de achegas. Entre elas, por exemplo, saliéntase que "a serpe 'boa' ten que ir entre comillas para que non pareza que é unha serpe boíña... De bo carácter" ou que a obra consegue "facerme esmagar o nariz contra o cristal mentres o tren que me leva polo Miño procura o seu destino no asteroide B612".