Somos a curta!: 16 retrincos de humor en galego

Cartaz do certame Dominio Público Praza Pública

A A Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC e a Liga Estudantil Galega organizan a segunda edición do certame audiovisual Somos a curta!, que se fallará o 28 de novembro nunha gala presentada por Carlos Blanco. En total son 16 as curtametraxes presentadas a concurso. Os filmes loitarán por dous premios de 400 e 200 euros, que adxudicará un xurado composto por membros da comunidade universitaria e profesionais do sector audiovisual galego.

Das curtas a concurso elixiránse cinco finalistas que se proxectarán na gala que terá lugar no Salón de Actos de Ciencias da Información. Nesta edición incorpórase un premio especial do público, sen dotación económica, e que se decidirá na propia celebración do evento. O obxectivo do premio é "promover o uso da lingua galega como vehículo para a creatividade dos novos valores do audiovisual galego, premiar os dotes lingüísticos, técnicos, artísticos e humorísticos dos estudantes galegos e gozar dunha xornada de humor na nosa lingua". Os títulos admitidos a concurso son os seguintes:

Chapeau!
100 euros
Por couso
Enfoques
Familia
Dúas vellas e un destino
O inconformismo dunha ovella
A casa da collona
Supercuesco
Informativos Telesoliño
Ana Rosa, dous porquiños e un guion, unha tropa do copón
Un mundo incoloro
Banca rota
A motoserra
Diagnóstico: amor
Omnipotens now

 

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.