Telephones Rouges, Uxía, Terbutalina e Xoán Curiel, candidatos aos Premios da Música Independente

Telephones Rouges CC-BY-NC-SA Adrián Moreno Peña

Os Premios da Música Independente, ou premios UFI, deron a coñecer este martes os seus candidatos, escollidos por un xurado. Agora será a quenda da votación do público, que escollerá os gañadores a través da web dos premios. John Talabot, Niños Mutantes, Hidrogenesse ou La Bien Querida acadaron o meirande número de candidaturas e preséntanse como favoritos para acadar os principais galardóns.

Nesta edición entregarase un premio ao mellor álbum en lingua galega, unha categoría na que os nomeados son Telephones Rouges (Disenso), Uxía (María FumaçaAndando a Terra), Terbutalina (Hostias para todos) e Xoán Curiel (Magnético Zen). Outro artista galego tamén é candidato noutras categorías. É o caso de Xoel López, nomeado ao premio ao mellor artista español e ao premio ao mellor álbum de canción de autor.

Telephones Rouges CC-BY-NC-SA Adrián Moreno Peña

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.