Toussaint, Louçã ou Berzosa debaterán en Pontevedra sobre Europa

Cartaz da Semana © Aula Castelao

A 29ª edición da Semana Galega de Filosofía de Pontevedra comeza este luns e durante cinco días xirará ao redor do concepto de Europa. Nesta edición, ademais, dúas das conferencias celebraranse na Coruña, na Fundación Paideia. E todas as sesións poderánse seguir en retransmisión en directo na páxina web da Aula Castelao e a través de twitter (#filosofiaeeuropa)

A Semana Galega de Filosofía dedica cada ano unha semana a debater en profundidade sobre algún asunto de acualidade. Filosofía e Educación, Filosofía e Economía ou Filosofía e Mentira foron os temas analizados nos últimos anos. Nesta ocasión é Europa; formularanse distintas posicións e reflexións en torno a un sistema político democrático asfixiado polas dinámicas financieiras, así como as posibilidades de fuxir desta nova orde imposta. Haberá tres sesións de conferencias, en horarios de mañá (Pensar Europa), tarde (Galiza en Europa) e noite (Europa ante o espello). Será nestas conferencias vespertinas nas que se poderán escoitar as voces máis recoñecibles, comenzando por Éric Toussaint (membro do Foro Social Mundial e de Attac), que este luns falará sobre Poder político e poder económico en Europa

O venres Francisco Louçã ofrecerá a lección de clausura: A luta social contra o terror financeiro

O martes será o momento de Carlos Berzosa (África, espello do mundo), o mércores de Joaquín M. Valdivielso Navarro (O modelo socioecolóxico europeo: claves e tendencias), o xoves de Ángel Calle Collado (Democracias emerxentes), e o venres Francisco Louçã ofrecerá a lección de clausura (A luta social contra o terror financeiro). Nas restantes sesións Norbert Bilbeny, José Manuel  Bermudo ou Antonio García-Santesmases ofrecerán visións máis académicas. E polas tardes Antón Baamonde, Xosé Luís Méndez Ferrín, Fermín Bouza ou Ana Miranda achegarán a visión do pensamento galego. Nesta edición dúas das sesións celebraranse na Coruña, na sede da Fundación Paideia; serán as de Fermín Bouza Álvarez (Público e privado: do dormitorio á cela) e  Giacomo Marramao (Progreso e catástrofe), estarán o mércores 11 e o xoves 12 de abril, respectivamente ás 8 da tarde.

Cartaz da Semana © Aula Castelao

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.