Tres días para votar a túa banda para o Revenidas!

Imaxe dun dos concertos do pasado ano © Revenidas

O Festival Revenidas leva a cabo este ano a segunda edición do seu concurso de grupos emerxentes. O grupo gañador formará parte da programación do festival, que se celebrará en Vilaxoán do 22 ao 24 agosto, ademais de recibir 300 euros. Os participantes no concurso non poden ter editado ningún disco, deben ter un repertorio propio de seis cancións en galego. Deste xeito, unha banda amateur compartirá escenario con grupos históricos do rock bravú e coas revelacións do panorama actual da música galega.

A votación rematará o 14 de agosto e só se contabilizarán os votos das persoas que sexan fan da páxina de Revenidas

Neste ano hai doce formacións no concurso, que xa están recibindo os seus votos a través da páxina de Facebook do festival. A votación rematará o 14 de agosto e só se contabilizarán os votos das persoas que sexan fan da páxina de Revenidas. Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado composto por un membro da organización do festival, un xornalista e dous membros dun grupo de música da actual edición do Revenidas elixirá o gañador.

Estas son as bandas que participan no concurso:

"Os tres grupos con máis votos pasarán a final, na que un xurado elixirá o gañador"

  • Biribirlocke. "Empezamos nisto do rock and roll en 2010 e dende entón non paramos un minuto, fervendo notas desde Bugallido, corzos oriúndos do concello de Ames. O noso é facer festa, combinando cordas e aire nun rock and roll galego"
  • Liorta. "Decidimos compoñer a maioría dos nosos temas en galego e que fosen reivindicativos, porque iso é o que queremos transmitir ao público"
  • EnXeito. "Nace coa intención de mesturar o funk e o rap, servíndose tamén doutros estilos para acadar un son novo e fresco".
  • Balbordo Público. Somos catro rapaces de Santiago de Compostela e Boqueixón. Somo o mítico grupo punki que di que son punkis para quedar ben, tocamos música en galego como ten que ser e o único que queremos é pasalo ben e que a xente o pase ben con nós.
  • Lady Chatarra. "Froito da chatarra que deixaron grupos de Ordes e Cerceda, xorde en agosto do ano 2013.Trátase de Rock con actitude e letras en galego que amosan a situación actual que estamos vivir".
  • N.O.M. (Nova Orde Mundial). "Banda formada no 2013 en Ordes por membros de outros grupos (Kastoma, Chicharo Psicótico, Electróxeno). O seu son podese definir como metal, aínda que con algún que outro destello punk-rock".
  • Irmandades do Falo. "Un grupo vilalbés que nace no ano 2009 como cuarteto formado por guitarra, clarinete, bombardino e batería cuxa finalidade é a promoción da música satírica por medio de cancións humorísticas dedicadas a personaxes da vila".
  • Tabú. "O grupo formouse en 2009, tocando temas das nosas influencias coma Los Suaves e Thin Lizzy e compoñendo novos temas".
  • Quilma. "Dende a Illa de Arousa e influenciados por gran variedade de estilos musicais, Quilma definimonos como unha banda de rock-popgresivo e adictivo".
  • Mekajonodioskechefixo. "Grupo do Barbanza con xente de Noia e Muros, de estilo punk rock, rexurdido en decembro do 2013 despois duns 15 aniños desaperecido.
  • Sin Término Medio. "Tocamos cando sacamos os instrumentos a rúa en Pontevedra, onde hai un sitio na Alameda onde e moi cómodo estar para tocar".
  • Meigha. "O noso non se pode catalogar como rock bravú; o que sí, somos de aqui, do Salnés, cantamos en galego e apoiamos a cultura da nosa terra nas nosas letras e cancións e facemos Heavy Metal".
Imaxe dun dos concertos do pasado ano © Revenidas
Presentación do cartaz do Revenidas 2014 © Festival Revenidas

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.