Carlos Sardiña, encargado dos debuxos, e Pitusa Arias, dos textos, lanzan o cómic Bóveda para contan a vida, pensamento, actividade e morte do politico galeguista. A obra quere ser un alegato a prol da paz e contra a a inxustiza e está realizando nestes momentos unha campaña de crowdfunding a través da plataforma Verkami.
Esta novela gráfica de 46 páxinas reivindica que Alexandre Bóveda está de "sorprendente actualidade" por exemplo na defensa que sempre fixo dunha fiscalidade progresiva e unhas caixas de aforro ao servizo das persoas máis desfavorecidas.
A campaña de crowdfunding quere reunir nos vindeiros 30 dias ao redor de catro mil euros para a edición da obra. A partir dunha achega de sete euros calquera persoa pode recibir un exemplar do libro en formato electrónico. A partir de 13 euros recíbese o libro en formato físico e por 450 euros os autores realizarán "unha páxina completa onde ti eres o guionista".