Un Culturgal para toda a familia

O Culturgal mima a programación dirixida a nenos e nenas © Culturgal

Poucos plans mellores para esta fin de semana haberá que o de ir a Pontevedra e darse unha voltiña polo Pazo da Cultura onde, un ano máis, terá lugar o Culturgal cun programa do máis completo. E ademais con actividades pensadas para todas as idades. Máis de 30 actividades de todas as disciplinas permitirán aos cativos e cativas pasar unha fin de semana única xunto cos seus pais e nais e coñecer de primeira man a calidade e variedade das propostas que a industria cultural galega ten para eles. 

A todas as actividades programadas hai que engadirlles os obradoiros de manualidades  divertidas que haberá durante todas as xornadas para os nenos e nenas que cheguen tarde e non poidan acceder ás actividades programadas, porque estea chea a sala, ou que prefiran estar pintando e creando ao seu aire. Por suposto, haberá numerosa e variada oferta de libros e discos para nenos nos stands das editoriais infantís e na propia tenda, por se alguén quere adiantar os agasallos do Nadal.

 

Programación familiar do Culturgal

Venres 30
11:00h. Baobab Teatro: Contos para ti (actividade programada con centros educativos).
11:00h. Asociación ORAL: obradoiro de regueifas (con centros educativos).
11:00h. Viravolta: Titerehop. Actividade de FalaRedes (con centros educativos).
12:00h. Babaluva: Lume. Os títeres protexen o monte (con centros educativos).
12:30h. Conversa con Marcos Calveiro (con centros educativos).
14:00h Presentación do libro/cd Na Ponte, de Ponte nas Ondas.
17:00h. Patasdepeixe: Cociña extraterrestre. Un obradoiro para aprender a facer os postres máis divertidos. (6 a 10 anos) [Inscrición previa 15 minutos antes]
18:00h. Pepe Carreiro: Cousas de cans. De dálmatas a sabuxos, pasando por palleiros e bulldogs.
19:30h. Caramuxo Teatro: Ñam (1 a 4 anos) [Ata encher a sala]
20:00h. María Inés Cuadrado: A Berenguela. Opereta de voz narrada.

Sábado 1
11:30h. Abrakadabra: obradoiro de maquillaxe. Para integrarse dende o primeiro momento no mundo de fantasía de Culturgal.
11:30h. Ventos: obradoiro de escritura, encadernación artesanal e reutilización de papel para nenas e nenos. [Inscrición previa 15 minutos antes]
12:00h. Presentación da programación de TVG para nenos e nenas.
12:00h. O señor das dunas. Actividade de FalaRedes. [Ata completar aforo]
17:00h. Patasdepeixe: O trenciño de Relouco. (6 a 10 anos) [Inscrición previa 15 minutos antes]
17:30h. Luis Prego: Xogos infantís tradicionais.
18:00h. Quinquilláns: Contos de Artur e Morgana.
18:30h. Tucho Calvo e Xosé Cobas: Paxaro de mar e vento. Ilustrando o nacemento dunha praia.
19:00h. Galaxia Tales. Unha plataforma de contos en rede.
19:30h. CSIC Galicia: Que traballo tan curioso!
19.30h. Xoga con Komoko. Taller lúdico con videoxogos didácticos.
20.00h. Mamá Cabra: Bicos de música. Miniconcerto.

Domingo 2
11.30h. Pupi Apertas visita o Cuarto dos nenos.
12.00h. Elefante Elegante: Nuncabunga. Espectáculo cómico e poético.
12.30h. Carballo con botas: a música das árbores. Contacontos de sensibilización ambiental.
13.00h. María Fumaça. A feira bota fume coa locomotora máis festeira.
16.30h. Na Ponte. Unha historia de Ponte nas ondas. Programa de radio en directo.
18.30h. Os sete magníficos máis un: A historia de Brancaflor. Un conto máxico sobre a forza do amor.
19.30h. Fantoches Baj: As pombas do carboeiro. Un romance antigo contado por trovadores contemporáneos.

O Culturgal mima a programación dirixida a nenos e nenas © Culturgal

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.