'Verbum Fahrenheit', palabras que unen Galicia, Portugal e Brasil

Verbum Fahrenheit © Limiar Teatro

Este sábado 26 estréase en Nigrán Verbum Fahrenheit, unha obra da compañía Limiar Teatro, creada en coprodución co Verbum Casa das Palabras e en colaboración con Ponte nas Ondas. A peza conta a historia da fuxida cara a terra dos homes libro de dous homes condeados por un mesmo delito, a lectura, e faino con textos de 100 autores da lusofonía.

A representación deste sábado terá lugar na Casa Colorída, o primeiro espazo creativo de Galicia asociado ás redes internacionais Fuera del Eje - Fora do Eixo, un marco de colaboración formado por salas e espazos independentes en todo o mundo, entre os que en España destaca Tabacalera de Madrid. Verbum Fahrenheit significará a inauguración desta sala para o teatro. Na súa xira Limiar teatro conta co patrocinio do Concello de As Pontes, lugar onde comezou a xira en 2013 e coa colaboración de Ponte nas Ondas.

Será a primeira parada dun intenso percorrido que durante un mes levará esta obra a través de 50 mil quilómetros, por salas de Portugal e Brasil. Así, Verbum Fahrenheit representarase en Sao Paulo, Belo Horizonte e Recife nos primeiros días de novembro. A partir do día 15 estará en Lisboa, e nos días seguintes poderase ver en Beja, Moura e Évora.

Verbum Fahrenheit © Limiar Teatro
Verbum Fahrenheit © Limiar Teatro

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.