Os primeiros títulos de Xerais están xa en Amazon: As voces baixas, de Manuel Rivas; Tonas de laranxa, de María Lorenzo Miguéns e Manuel Lorenzo Baleiró; En vías de extinción, de María Reimóndez ou Non hai noite tan longa, de Agustín Fernández Paz. Nos vindeiros días estarán dispoñibles tamén en Todoebook, en formato epub, sumándose aos xa existentes; e tamén no iBookstore de Apple.
A partir de agora, Xerais irá incorporando ao seu catálogo e en distintas plataformas títulos literarios en formato dixital. Os seguintes, xa en preparación, son Os fillos do mar, de Pedro Feijoo; Asasinato no Consello Nacional, de Diego Ameixeiras; e Ninguén, de Fran Alonso.