Xurxo G. Penalta, gañador do 'Combate de Debuxantes'

David Rubin con Xurxo Penalta no momento da súa proclamación como gañador © Diego Sendón

A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) organizou este xoves o seu primeiro Combate de Debuxantes, dentro da programación do Viñetas desde o Atlántico. O evento contou con David Rubín como mestre de cerimonias, e congregou gran cantidade de persoas en The Room, na zona vella da Coruña.

Despois das diversas roldas de combates, que enfrontaron a Diego Blanco, Ghosttthead, Alberto Guitián, Nas!, Nómada, Luis Sendón, Xurxo G. Penalta e Alberto Vázquez —ademais dun combate extra entre os managers dos dous equipos, Miguel Ruiz Sekone e José Domingo, gañado por este último—, no round final os contendentes foron Ghosttthead e Xurxo G. Penalta. Do desputado combate resultou vencedor Xurxo, que recibiu o Cinto de Campión e mais unha saca "cunha indeterminable cantidade de diñeiro", segundo os organizadores.

Os combates, nos que os debuxantes debían reflectir nunha lámina de gran formato dúas palabras escollidas ao azar polo público, duraban catro minutos cada un, e logo destes era o público quen, erguendo unha tarxeta vermella ou azul, decidía o gañador do asalto. 

 

Sesión do sábado

O guionista Francisco Pérez-Navarro (Efepé), ligado na súa primeira etapa á serie de Superlópez e creador xunto con Jan do Supergrupo  e o debuxante fracés Barú pecharán este sábado as charlas-coloquio desta edición de Viñetas. Efepé farao a partir das 18.15 horas e Baru, un de grandes da bande dessinée francesa, gañador do Gran Premio de Angoulême no ano 2010 a toda unha carreira, farao a partir das 19.45. Como sempre a cita é no Quiosco Alfonso. No mesmo lugar terá lugar a partir das 12 horas a segunda e última sesión de firmas dos autores invitados. O debuxante Enrique Fernández protagonizará a última masterclass desta edición. Fernández, nomeado ao Premio á Mellor Obra de autor español do pasado ano no Salón Internacional do Cómic de Barcelona, por Aurore.

David Rubin con Xurxo Penalta no momento da súa proclamación como gañador © Diego Sendón
Un momento do 'combate' organizado pola AGPI © David Rubín
Un momento do 'combate' organizado pola AGPI © David Rubín

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.