A guía do Mundial, en galego e con 500 adhesivos

Dúas páxinas de 'Mundial 2026. A guía definitiva', de Edicións do Cumio © Edicións do Cumio

Edicións do Cumio vén de publicar Mundial 2026. A guía definitiva, unha guía de 48 páxinas con toda a información sobre o torneo e as seleccións participantes que inclúe 500 adhesivos

Faltan apenas dez días para que comece o Mundial masculino de Fútbol 2026. O vindeiro xoves 11 o México-Sudáfrica marcará o inicio de máis dun mes de competición (ata o 19 de xullo) no que 48 seleccións buscarán a vitoria nos estadios de Estados Unidos -sobre todo-, México e Canadá ao longo e 104 partidos.

Edicións do Cumio vén de publicar Mundial 2026. A guía definitiva, unha guía de 48 páxinas con toda a información sobre o torneo e as seleccións participantes que inclúe 500 adhesivos e que, polo tanto, se vai completando a medida que avanza a competición. 

Portada de 'Mundial 2026. A guía definitiva', de Edicións do Cumio © Edicións do Cumio

A guía, en galego e realizada por Iker Biguri e Ignacio Hernández, ofrece a posibilidade de "gozar do fútbol e a literatura dun xeito atractivo e didáctico"

A guía, en galego e realizada por Iker Biguri e Ignacio Hernández, ofrece a posibilidade de "gozar do fútbol e a literatura dun xeito atractivo e didáctico". Nas súas páxinas propón un percorrido polas seleccións, as estrelas, as sedes e as grandes historias do torneo máis espectacular do planeta. 

Polas súas páxinas desfilan desde Messi e Mbappé ata Haaland ou Lamine Yamal. Visitaremos o mítico Estadio Azteca ou o MetLife Stadium, onde se celebrará a gran final en Nova York.

Con datos sorprendentes, xogadores míticos, curiosidades "e todo o que necesitas saber para converterte nun auténtico experto do fútbol", destaca a editorial. Cun prezo de 15,95 euros, conta tamén cunha versión en castelán.

O libro, que inclúe adhesivos coas bandeiras dos países, vaise completando a medida que avanza a competición © Edicións do Cumio

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.