Feiraco uniu os dous principais equipos do país nun partido protagonizado por Aspas e Mella entre vacas e tractores e arbitrado por unha gandeira da cooperativa. "Ao final, ti e máis eu somos do mesmo equipo", remata dicindo Aspas. "Si, o equipo de Galicia", responde Mella
Feiraco uniu a Celta e Dépor nun partido protagonizado por Iago Aspas e David Mella e arbitrado por unha gandeira da cooperativa. En Ponte Maceira nunha pradaría e rodeados por vacas e tractores as dúas estrelas dos dous grandes equipos do fútbol galego aceptaron o reto de competir un contra o outro e marcar goles fronte a obstáculos como un tractor, vacas pastando ou pacas de palla.
Ademais, aproveitando a ocasión Feiraco creou unha camiseta especial, metade celeste e metade azul, representando as cores dos dous equipos. As camisolas poderán conseguirse a través de sorteos que realizará a marca a través das súas redes sociais oficiais.
Aproveitando a ocasión Feiraco creou unha camiseta especial, metade celeste e metade azul, representando as cores dos dous equipos. As camisolas poderán conseguirse a través de sorteos que realizará a marca
"Ao final, ti e máis eu somos do mesmo equipo", remata dicindo Aspas. "Si, o equipo de Galicia", responde Mella. "Ao final todo se decide no campo" é o nome da campaña iniciada hai uns meses por Feiraco, un lema no que a marca integrada na Cooperativa Rural Galega CLUN, reivindica que "tanto no fútbol como na produción láctea, grazas ao traballo coidado dos gandeiros e gandeiras, todo se decide no campo". A campaña sintetiza así os valores cos que Feiraco se define como marca: "autenticidade, galeguidade, conexión co campo e tradición"
Todo se decide no campo é unha campaña iniciada en 2023 coa que Feiraco busca "pór en valor o rural, as familias gandeiras e o traballo no campo como parte esencial da cultura galega e como clave para o presente e o futuro da sociedade"
Todo se decide no campo é unha campaña iniciada en 2023 coa que a maior cooperativa láctea de Galicia, con sede no concello de Ames, busca "pór en valor o rural, as familias gandeiras e o traballo no campo como parte esencial da cultura galega e como clave para o presente e o futuro da sociedade".
"O campo e o rural está no ADN dos galegos e galegas, na nosa cultura e na nosa economía. E estao polas nosas orixes e tamén polo noso presente pois en Galicia somos líderes en produción de leite. Por iso desde Feiraco queremos manifestar que todo depende do que pasa no campo: a calidade do noso leite, as nosas paisaxes, a forma de ser dos galegos e galegas, e mesmo o noso presente e futuro como sociedade", destaca a cooperativa.