As seleccións galegas de volei praia regresan dos campionatos de España celebrados esta fin de semana en Murcia cun éxito na categoria masculina sub 19, na que Galicia obtivo a medalla de prata. Pablo Penedo e Gabriel Del Carmen caeron nunha final moi igualada ante Canarias, os grandes favoritos.
Os galego pasaron primeiros de grupo despois de superar a Castela León, Aragón e Andalucía. En cuartos de final venceron sen problemas a Asturias 2 a 0, e conseguiron o seu billete para a final cun grande encontro ante Baleares.
Na final, os galegos comezaron gañando o primeiro set de infarto (21-18). Os canarios, grandes favoritos do torneo, remontaron o partido, (21-14 no segundo set e 15-6 no definitivo). A prata é un gran resultado para Galicia, que suma a súa segunda medalla da tempada, despois de acadar o bronce no campionato sub17 celebrado a semana pasada en Punta Umbría.
Galicia suma a súa segunda medalla da tempada, despois de acadar o bronce no campionato sub17
No resto das categorías, Galicia tivo unha actuación notable, sobre todo a parella feminina en categoría sub21 que chegou aos cuartos de final. As irmás Claudia e Blanca Rozas clasificárone para cuartos de final después de vencer a Aragón, Murcia e La Rioja. Nesta eliminatoria as lucenses atopáronse coa gran favorita del torneo, Canarias, que tivo que sufrir para superar a Galicia nun gran partido que finalmente caeu do lado canario 2 a 1 nun igualadísimo tie break (13-21/21-19/13-15).