Coa que está caendo no mundo en xeral e no mundo do ciclismo en particular segue habendo insensatos que gastan o carto en patrocinar equipos ciclistas. Pero que venden? Que é Quickstep? Que é Lampre? O blog de ciclismo de Praza Elos e Canelas explícao polo miúdo.
- Vacansoleil é unha compañía de vacacións en camping. Ten campings ao longo de toda Europa. Bungalós e camping de alto copete. O copatrocinador DCM é unha empresa familiar de fertilizantes de Bélxica, disque é respectuosa co medio ambiente.
- RadioShack é un cadea estadounidense de electrodomésticos que está por toda América e en partes de Europa.
- Katusha é da Fundación Russian global cycling project na que participan empresas como Gazprom, Itera (adicada a petróleo) e Rostechnologii.
- Orica, patrocinador desde abril do Orica-Greendege, é unha compañía química e mineira. O equipo empezou chamándose simplemente Greenedge, nome que representa a un grupo formado por unha chea de empresas adicadas ao mundo da bici, roupa deportiva, Subaru e ata unha bodega australiana. Os cartos saen dun tipo que ten unha empresa que se chama Jayco que fai caravanas e ese tipo de vehículos. Son australianos.
- Liquigas é unha compañía de reparto de gas a domicilio, e Cannondale é unha empresa adicada a facer bicis e roupa para ciclismo e accesorios. É dos EUA e foi pioneira na introdución do aceiro na fabricación das bicis, a finais dos 90 meteuse no motociclismo e foi tal fiasco que tivo bancarrota, centrouse no ciclismo e capeou o temporal.
- Obviamente Omega-Pharma é unha empresa farmacéutica e Quickstep é unha empresa italiana adicada á tarima flotante, parquet e chan laminado. Esta é a web do equipo.
- Todo o mundo sabe que Ag2r-La mondiale é unha empresa de seguros francesa.
- A Française des Jeux é a compañía de apostas francesa e Big Mat son armacéns de materiais de construción que está en Francia, Bélxica, Chequia, Italia e España. Asócianse con empresas locais. Por exemplo na Coruña están en Moeche, Santiago, Carballo e Noia. A web do equipo é esta.
- BMC é unha empresa que se adica á fabricación de bicis.
- Lotto de Lotto-Belisol, é a lotería nacional belga. Belisol é unha empresa que se fabrica portas e ventás de pvc, aluminio e madeira, agora tamén ten unha sección de enerxía sustentable.
- Lampre é unha empresa de aceiro laminado. A web do equipo é esta marabilla.
- Astana é un equipo dirixido pola federación de Kazakhstan, disque depende directamente do goberno.
- Euskaltel é unha empresa de comunicacións. O equipo é unha fundación, chamada Fundación Euskadi, e Euskaltel é o seu patrocinador. Unha boa idea (a de ter unha entidade deportiva que detrás) que deberían seguir todos (non só os de aquí)
- No Garmin-Barracuda conviven unha famosa marca de navigadores e unha de accesorios para motociclismo
- Movistar. Esta é a web do Movistar...
- Un dos máis importantes bancos holandeses, Rabobank, patrocina o equipo ciclista.
- Sen dúbida a máis feliz nova dos últimos tempos no mundo ciclismo foi a entrada da cadea Sky no clube dos grandes patrocinadores.
- E para rematar, o equipo da superestrela española, Saxo Bank, que é un banco dinamarqués.