Regresan as Olimpíadas Populares, con máis probas e máis atletas

Cartel das Olimpíadas Populares Dominio Público Praza Pública

A segunda edición das Olimpíadas Populares Galegas arrinca o vindeiro sábado 16. Co traslado por relevos do facho olímpico desde A Ramallosa até aponte romana de Pontevea (Teo) darase inicio a estes xogos olímpicos dos movementos sociais galegos nos que participan 196 atletas, en 17 equipos, nun total de 14 probas: salto de lonxitude, pentasalto, carreiras de 100 m, 4x100 m e 5.000 m, triatlón, tiro con arco, tiro de sacho, billarda, voleibol, brilé, tiro de corda e chave.

Son os 'xogos olímpicos' dos movementos sociais galegos, con 196 atletas participantes

As inscricións para a edición deste ano duplican as do ano pasado, o que, segundo os organizadores, “confirma o sucesso deste projeto de lazer e convívio autogestionado sem nengum tipo de subvençom surgido no seu dos movimentos sociais”. O obxectivo é que a fin de semana sexa un punto “de encontro em torno ao desporto, exaltando os seus valores, desfrutando das suas virtudes e promovendo-o como ferramenta de transformaçom individual e social”.

Os organizadores aseguran tamén que a xornada servirá para “ceder um espaço importante para o conhecimento e financiamento de coletivos e campanhas anti-repressivas, assi como à Escola de Ensino Galego Semente”.

Cartel das Olimpíadas Populares Dominio Público Praza Pública

Grazas ás socias e socios editamos un xornal plural

As socias e socios de Praza.gal son esenciais para editarmos cada día un xornal plural. Dende moi pouco a túa achega económica pode axudarnos a soster e ampliar a nosa redacción e, así, a contarmos máis, mellor e sen cancelas.