Unha ducia de achados nos arquivos da Real Academia Galega
A RAG vén de estrear unha nova vía de acceso en liña ao seu enorme arquivo. Son máis de 32.000 documentos ligados á historia do país dende o século XI ata a actualidade, dos que case 4.000 están xa dixitalizados. Mergullámonos nel para obtermos unha ducia de mostras desta inmensidade de memoria.
-
01
Sinatura da cesión da casa da rúa Tabernas
En maio de 1956 a filla de Emilia Pardo Bazán, Blanca Quiroga, asinou a acta de doazón da casa situada no número 11 da coruñesa rúa das Tabernas a prol da RAG.
-
02
Manuscrito do himno galego
En 1888 Eduardo Pondal entregoulle a Pascual Veiga o resultado das diversas adaptación da súa composición Rumores de los pinos para tornalo en "himno nacional gallego".
-
03
Curros, coroado
En 1904 Curros Enríquez foi homenaxeado no desaparecido Teatro Principal da Coruña. É o que pasou á historia como Coronación de Curros
-
04
A nena Emilia Pardo Bazán
Entre os fondos da RAG figuran numerosos documentos ligados a Emilia Pardo Bazán. Nesta imaxe, datada entre 1863 e 1867 obsérvase á intelectual na súa infancia.
-
05
Carta de Castelao a Xavier Bóveda
Misiva remitida por Castelao ao escritor e xornalista Xavier Bóveda en 1942
-
06
Manuel Casás, alcalde da Coruña
Imaxe datada en 1926 da segunda etapa de Manuel Casás como alcalde da Coruña
-
07
A Torre de Hércules a comezos do século XX
Entre a ampla colección de documentos dos irmáns De la Iglesia incorporada aos arquivos da RAG figura esta tarxeta postal da Torre de Hércules, datada entre 1910 e 1920.
-
08
Alfonso Molina, de procesión
O alcalde franquista Alfonso Molina (foi rexedor da Coruña dende 1947 ata o seu falecemento no Brasil en 1958) aparece nesta imaxe nunha procesión polas rúas da cidade en 1947. É parte do seu arquivo familiar, incorporado aos fondos da RAG.
-
09
Bos Aires, dende o ceo
No arquivo da RAG atópase tamén unha serie de imaxes aéreas de Bos Aires tomada nos anos 20 do século pasado. É unha doazón da familia Martínez Morás.
-
10
Xunta ordinaria da RAG
Xuntanza da Real Academia Galega nunha aula da Universidade de Santiago en 1942
-
11
Lois Pereiro, na súa infancia
Imaxe de Lois Pereiro, nunha escena familiar da infancia. Forma parte dos documentos doados á Academia polo xornalista Xosé Manuel Pereiro, irmán do poeta, que tamén aparece na imaxe.
-
12
A bandeira da Academia
A Deputación da Coruña entrégalle unha bandeira galega á RAG en 1977