Unha ducia de cabalgatas de reis con distancia interpersoal
A pandemia do coronavirus e as precaucións de distancia interpersoal que leva aparelladas levaron aos concellos a innovar as tradicionais cabalgatas dos Reis Magos con recepcións estáticas, recorridos máis amplos ou citas previas. Repasamos unha ducia con imaxes dos propios concellos.
-
01
Vigo
Os reis permaneceron en Vigo nunha recepción ou cabalgáta estática ao longo da Avenida de Castelao pola que foi pasando a rapazada con cita previa.
-
02
A Coruña
Na Coruña os reis recorreron diversos lugares da cidade aos que non adoitan achegarse outros anos como Visma, Bens, Nostián, Feáns, Palavea, Pedralonga, A Zapateira ou Xuxán para así facilitar que máis nenos e nenas os puidesen ver sen saír das súas casas.
-
03
Ourense
En Ourense os reis deron o seu discurso a través da canle do Concello.
-
04
Lugo
En Lugo os reis foron recibidos polas autoridades locais antes de que, pola tarde, puidesen ser vistos pola rapazada na Praza de Augas Férreas.
-
05
Santiago
En Santiago os reis atenderon a nenas e nenos en Bonaval, con mamparas polo medio como medida de seguridade.
-
06
Pontevedra
En Pontevedra os reis recorreron barrios e parroquias desde primeira hora da mañá ata última da tarde para garantir que o maior número de rapaces os visen sen ter que desprazarse.
-
07
Ferrol
En Ferrol, ademais de recibir á rapazada con reserva previa, os reis activaron unha páxina web propia, reismagosferrol.org, desde a que lanzaron as súas mensaxes.
-
08
Narón
En Narón os reis recibiron a nenos e nenas que retiraran previamente unha entrada.
-
09
Vilagarcía de Arousa
En Vilagarcía os reis atenderon a nenos e nenas durante varios días, do 2 ao 5 de xaneiro, no recinto feiral.
-
10
Folgoso do Courel
No Courel foi a neve e non o coronavirus o principal obstáculo para uns reis que recorreron todas as aldeas para achegarse aos máis pequenos.
-
11
Nigrán
A pé ou en furgoneta, os reis recorreron todas as parroquias de Nigrán durante o día 5.
-
12
Castroverde
Tamén en vilas pequenas como Castroverde os reis deixaron mensaxes audiovisuais para quen non puido velos en persoa.