Marcos Pérez Pena

Unha ducia de Cancións para o Zeca

Neste 2012 conmemórase o 25 aniversario da morte de José Afonso, pero celebramos tamén os 40 anos dun concerto histórico, o que o 10 de maio de 1972, dous meses despois dos asasinatos de Amador e Daniel en Ferrol, en plena ditadura, ofreceu no Burgo das Nacións de Santiago de Compostela. Alí cantou por vez primeira o Grândola Vila Morena. O Zeca, o máis galego dos cantantes do sur do Miño, non pasa de moda. A súa música é unha combinación perfecta de "compromiso e de beleza", como lembra Uxía, un traballo de recuperación das cancións populares e de innovación, de mistura cos ritmos africanos,.

  1. 01

    Lá Vai Jeremias

    En abril 2007 o Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu a homenaxe a José Afonso Sempre Abril, retransmitida pola TVG e a RTP, no que foi ademais o primeiro convenio de colaboración entre as dúas televisións públicas. Presentouna Carlos Blanco e participaron Cantores do Redondo, Vitorino, Luis Pastor, Faltriqueira, Xico de Cariño, Treixadura, Víctor Coyote, Joâo Afonso, Uxía Senlle, Dulce Pontes, Ugia Pedreira, Zeca Medeiros, Miro Casabella, Tito Paris, Janita Salomé, Sérgio Godinho e Narf.

  2. 02

    Venham Mais Cinco

    Na gravación deste álbum, editado en 1973, José Afonso foi detido en varias ocasións, e finalmente foi retido na prisión de Caxias onde estivo uns meses.

  3. 03

    Os Vampiros

    A canción, gravada en 1963, converteuse nun símboloo da resistencia anti-Salazarista: Eles comem tudo Eles comem tudo Eles comem tudo E não deixam nada. O vídeo corresponde ao último concerto de Zeca Afonso o 29 de xaneiro de 1983, no Coliseu. 

  4. 04

    Utopia

    Joao Afonso, fillo do Zeca, canta en Pontevedra Utopia, un tema coa mesma actualidade que cando se escribiu: Cidade Sem muros nem ameias Gente igual por dentro Gente igual por fora Onde a folha da palma afaga a cantaria Cidade do homem Não do lobo, mas irmão Capital da alegria

  5. 05

    A morte saiu á rua

    A canción foi gravada do álbum Eu vou ser como a toupeira, editado en 1972. Está dedicada a José Dias Coelho, asasinado pola PIDE o 19 de decembro de 1961, militante político anti-fascista e artista plástico.

    A morte saiu à rua num dia assim
    Naquele lugar sem nome pra qualquer fim
    Uma gota rubra sobre a calçada cai
    E um rio de sangue dum peito aberto sai

  6. 06

    A formiga no carreiro

    Un deses temas, escrito en..., no que se di todo sen dicir nada aparentemente: unha formiga empeñada en ir en sentido contrario, pero que ao final advirte: Mudem de rumo, Já lá vem outro carreiro

  7. 07

    Verdes São Os Campos

    Uxia cantou ducias de veces este tema con letra de Camões, que fixo súa.

  8. 08

    Achégate a Mim Maruxa

    José Afonso, que dixo unha e outra vez que consideraba Galicia a súa "patria espiritual" gravou este tema, a partir dunha canción popular do norte do Miño

  9. 09

    Viva o poder popular

    Víctor Coyote e Jon Luz cantan Viva O Poder Popular en Pontevedra.

  10. 10

    Senhora do Almortão

    En 1981 José Afonso gravou esta canción popular alentejana: Senhora, senhora do Almortão Senhora do Almortão Ó minha linda raiana Virai costas a Castela Não queirais ser castelhana

  11. 11

    ...e Grândola

    Zeca Afonso compuxo esta canción en homenaxe á Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense. A canción refírese á fraternidade entre as persoas de Grândola, no Alentexo, e sería censurada polo réxime Salazarista. Ás 00:20 do día 25 de abril de 1974, a canción era transmitida nunha radio nacional, cantada por militares, como sinal para confirmar as operacións da revolución.