David Reinero

Unha ducia de colexios aos que volver

O coronavirus está a facer da volta ao colexio deste 2020 un problema para moita xente. Pero hai outros colexios e escolas aos que paga a pena volver e admirar.

  1. 01

    Colexio de Fonseca

    Este edificio renacentista, sede da Universidade de Santiago de Compostela e mandado construír polo arcebispo Alonso de Fonseca, comezou a funcionar en 1544. [Imaxe: CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  2. 02

    Colexio de Nosa Señora da Antiga

    Tamén coñecido como colexio dos Escolapios, Monforte presume deste edificio de estilo herreriano e do cadro do Greco que alberga. [Imaxe: CC-BY-SA Xunta de Galicia]

  3. 03

    Colexio dos irlandeses en Santiago

    Irlandeses fuxidos da persecución política e relixiosa que había no seu país asentáronse en Santiago e levantaron este edificio como centro de formación da súa comunidade no século XVII na rúa Nova. [Imaxe: Turismo de Santiago]

  4. 04

    Colexio de Arquitectos en Vigo

    A sede viguesa dos profesionais da arquitectura é outro tipo de 'colexio', neste caso inaugurado en 2009 e obra de Jesús Irisarri e Guadalupe Piñera. [Imaxe: Google]

  5. 05

    Escola de Artes e Oficios de Vigo

    Do arquitecto Michel Pacewicz, José García Barbón cedeu o edificio ao Concello para destinalo á educación de artes e oficios que vén acollendo desde comezos do pasado século. [Imaxe: Concello de Vigo]

  6. 06

    Escola de Altos Estudos Musicais de Santiago

    No interior do parque da denominada Finca Simeón, na zona de Vista Alegre, o edificio foi deseñado por Antón García Abril hai dúas décadas. [Imaxe: Concello de Santiago]

  7. 07

    Casa-Escola de Moeche

    O Consello da Cultura Galega, a través do Arquivo da Emigración Galega, desenvolveu e ten activo en internet o proxecto 'As escolas da emigración' , no que recompila ese tipo de proxectos impulsados polos indianos. Repasamos a partir deste punto varias delas, como esta Casa-Escola de Moeche, inaugurada en 1920 e hoxe en ruínas. [Imaxe: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega] 

  8. 08

    Grupo escolar Unión Mugardesa

    Impulsado pola sociedade habaneira Unión Mugardesa, o edificio foi derrubado en 1973 e no seu lugar foi edificado un novo instituto. [Imaxe: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega] 

  9. 09

    Escolas Municipais Jesús García Naveira

    Legado dun dos irmáns García Naveira que tantas edificacións salientables deixaron en Betanzos, esta levantada en 1918 seguiu a ser un centro educativo. [Imaxe: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega] 

  10. 10

    Escolas 'Sada y sus contornos'

    Inaugurado en 1927, durante a Guerra Civil o edificio foi incautado e destinouse a acuartelamento militar e para aloxar os efectivos da Garda Civil cando Franco visitaba o pazo de Meirás. [Imaxe: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega] 

  11. 11

    Escolas Pro-Valle Miñor

    Impulsado pola Unión Hispano-Americana Valle Miñor e inaugurado en 1914, o edificio segue a ser un instituto de educación secundaria. [Imaxe: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega] 

  12. 12

    Escola de nenas de Cee

    Inaugurado en 1887, o edificio levantouse en terreos do seu impulsor, Fernando Blanco de Lema, filántropo e promotor da escola. [Imaxe: Consello da Cultura Galega, Arquivo da Emigración Galega]