David Lombao

Unha ducia de couces ao galego

O colectivo compostelán A Gentalha do Pichel está en plenas votacións do seu concurso de feísmo lingüístico, que non se centra en detectar erros, "comúns en todas as linguas", senón na "hibridaçom, isto é, a mistura consciente ou inconsciente entre galego e castelhano que prejudica sobretodo aquela língua". Este certame sérvenos para repasar algúns couces que recibe a diario o idioma, mesmo con vontade de seren oficiais.

  1. 01

    Rosalía en 'mayo'

    No ano 2000 o Concello de Santiago homenaxeou a Rosalía cun esvarón lingüístico

  2. 02

    Nin "ciudad" nin "cidade"

    O Concello de Lalín púxolle nomes ás rúas, substituíndo as rúas por, nalgúns casos, evidente desleixo lingüístico.

  3. 03

    'Evaluar' a dor

    O Sergas anima os doentes a avaliar a súa dor cun cartaz híbrido.

  4. 04

    Axuntando o Concello

    Ao xeito dos anos nos que o galego foi volvendo ao espazo público, algúns concellos seguen a tocar de ouvido...

  5. 05

    Un hospital sen camas

    No Clínico de Santiago hai elevadores reservados para as camillas, pero non para padiolas ou camas.

  6. 06

    Nuevagalicia Banco?

    A entidade herdeira das antigas caixas apostou polo galego no seu nome, pero mantén a castelanización parcial do nome da rúa na que está a súa sede central.

  7. 07

    Desenrolando e invertindo Europa

    Nas Gándaras de Budiño, no Porriño, realizouse unha tradución un tanto pedestre no valado que anuncia a súa restauración

  8. 08

    'Construcción' nunha 'calle'

    A Deputación de Ourense inviste nunha obra en Verin que se desenvolve nunha calle e ten plazo de execución.

  9. 09

    Unha vila que xa é 'mayor'

    De novo en Lalín, o seu Concello deturpa o topónimo de Vilamaior, pero só un chisco.

  10. 10

    Un certame con pouca previsión

    O Concello de Lugo convocou un certame con pouca prevención, pero con letras e tiles de máis.

  11. 11

    Unha feira moi ovina

    Na Feira de Santos de Monterroso hai, cando menos, medio milleiro de ovellas pequeniñas.