Unha ducia de de novas científicas do 2012
A información sobre ciencia é habitualmente moi mal tratada nos medios de comunicación xeralistas. Camiñamos entre a minimización dos grandes avances (que non entendemos) a anécdota. Outros deslizanse polos titulares disparatados ou por conceptos coma as "particulas de deus". Algúns caen ademais nas falsas ciencias ou nos magufos. Pero o certo é que a ciencia déixanos cada ano novas ben fermosas e interesantes. Un mosaico sobre todo o que nos rodea.
-
01
O bosón
Poucas veces a ciencia é portada nos xornais e primeira nova nos informativos de televisión. Pero este verán foino: era a noticia científíca máis agardada da década. O bosón de Higgs, anticipado en 1964 como parte do modelo estándar da física, unha partícula que lles daría masa a todas as demais e explicaría todas as súas interaccións, era o único elemento fundamental do modelo cuxa existencia nunca fora probada. E mesmo tivo a súa parte galega no descubrimento.
-
02
Volvemos a Marte
Había tempo que non tiñamos grandes titulares relacionados coa exploración espacial. Este verán o Curiosity chegou a Marte e deixounos fermosas imaxes. Este ano tivemos ademais outros descubrimentos relacionados co planeta vermello.
-
03
O punto fraco do VIH
O VIH ten un punto débil. Unha pequena fenda pola que actúa unha vacina experimental efectiva no 31% dos casos. Así o amosa un artigo recén pubicado na web da revista Nature, e que representa un paso máis no camiño cara a derrota do axente responsábel da sida.
-
04
O avance da deforestación
Un estudo publicado na revista Nature asegura que o 85% dos bosques tropicais perderon masa forestal nos últimos 30 anos. Algo que podemos observar case en tempo real grazas ás imaxes da Axencia Espacial Europea. Investigadores de todo o mundo, que traballan en como entender o cambio climático, veñen de crear o proxecto GEOSS para abordaren o tema dunha maneira coordinada e integral.
-
05
O cumpreanos do Voyager
A nave Voyager 1, un cubo de catro metros de longo e máis de 800 quilogramos, desatracou das costas da Terra un 5 de setembro de 1977 para explorar os planetas exteriores do Sistema Solar e chegar máis alá. E alí segue, como titulou un xornal, "achegándose ao infinito" (sic).
-
06
Os mapas bos e os mapas malvados
Non é unha nova pero este post publicado por Amazings espertou o interese de moitos internautas. Unha análise sobre as proxeccións Mercator e Peters e as súas consecuencias xeopoliticas.
-
07
As primeiras pinturas rupestres en Galicia
Os traballos arqueolóxicos que se están desenvolvendo na Cova de Eirós (Triacastela) seguen dando froitos, atopándose nas salas interiores da cova motivos gravados e pintados que poderían remontarse a hai arredor de 30.000 anos. Cova Eirós convértese deste xeito na primeira manifestación de arte rupestre paleolítico do noroeste peninsular.
-
08
O proxecto ENCODE
Hai unhas semanas presentouse o proxecto ENCODE, unha caste de Wikipedia genética que, tras descifrar intrincadas conexiones genéticas, permite navegar a través de prácticamente todas las regiones de nuestro genoma.
-
09
Un home que deixou pegada
El 25 de agosto de 2012 finou Neil Armstrong, o primeiro ser humano que pisou a Lúa.
-
10
Un elo descoñecido da evolución humana
Hai catro anos na cova rusa de Denisova, no sur de Siberia, uns paleontólogos atoparon o óso dun dedo e dous dentes dun grupo humano descoñecido até o momento, e do que agora se reconstruíu o ADN. Os resultados, publicados na web da revista Science en agosto, abren novas posibilidades para tirar do fío da evolución humana.
-
11
Houbo cruce cos neandertais?
Houbo ou non houbo cruce entre o Homo sapiens e o neandertal? Este ano publicouse moita literatura sobre esta posibilidade que dende o 2010 se dá por certa. Como destaca Amazings, a hibridación vai gañando
-
12
Avances na loita contra o Alzheimer
Este ano vivimos varios avances na loita contra o Alzheimer. Por exemplo a comezos deste ano, investigadores españois demostraron a existencia dunha relación entre a enfermidade e o virus do herpes simple.